Entrada do blog creada por Manuel Ucha Gómez, alumno na Facultade de Filoloxía da UDC e membro colaborador do club de lectura Nébeda.

Ola nebedianos e nebedianas como xa sabedes a nosa próxima autora será Berta Dávila, que estará con nós o xoves 14 de outubro ás 16 h. no espazo que a situación epidemiolóxica nos permita. Gustarianos que fose na nosa sala Xoana Torres porén, é posíbel que teña que ser no Salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación. Outra opción que barallamos é no exterior da facultade, se o tempo o permite. Avisaremos.
Nada en Santiago de Compostela 1987, Berta Dávila é unha salientábel poeta e novelista.
Como poeta ten publicados tres libros: Corpo baleiro (Espiral Maior, 2007), Dentro (Fervenza, 2008), Premio Avelina Valladares, e Raíz da fenda (Xerais, 2013). Con esta última acadou o Premio Johán Carballeira de poesía, o Premio da Crítica española 2013 e o Premio da AELG 2013.
Sempre me corto cos folios
que conteñen as túas palabras,
e a ferida do dedo axúdame a sandar
outra ferída máis fonda,
esa que levo debaixo das pálpebras
molladas de presencias ausentes.
(Dentro, 2008)
Comezou no campo da narrativa despois de gañar o premio Biblos de Novela para autoras e autores de 25 ano, con Bailarei sobre a túa tumba (2008). Seguiranlle o libro de relatos A arte do fracaso (Barbantesa, 2010); O libro derradeiro de Emma Olsen (Premio de Narrativa Curta 2013, Premio da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción), posteriormente adaptado como novela gráfica por Pablo Prado (Galaxia, 2020); Carrusel (Galaxia, 2019), co que acadou o XXIV Premio García Barros de Novela e o Premio para a crítica española na modalidade de lingua galega. No 2020 obtén o Premio Repsol de Narrativa Breve por Illa Decepción (Galaxia, 2020).




Ten publicados tamén dous libros infantís, o album ilustrado A Fuxida, con ilustracións de Inma Doval (Biblos, 2014), e o poemario A pel do mundo, ilustrado por Alba Cid (Galaxia, 2017).
Completan a súa produción bibliográfica artigos, comunicacións en congresos e algunhas colaboracións en obras colectivas como o recentemente publicado, Libres e vivas (Galaxia, 2021), onde dez narradoras reflexionan arredor da igualdade, a violencia machista ou o sistema patriarcal.
Berta Dávila tamén é tradutora, tendo verquido en galego os poemas de Juan Bello Sánchez (Tulipa, 2018). Salientamos, igualmente, a súa faceta como artista plástica,
Sobre Carrusel
Diario cultural da RTVG: Berta Dávila lenos o capítulo cero de Carrusel (13/10/2019)
Sobre Illa decepción
Diario cultural da RTVG: “Illa Decepción”: a novela refuxio de Berta Dávila (27/01/2021)
Recepción crítica
Marante Arias, Antía (2014). Memoria, infancia, fenda”. Un achegamento á construción da identidade nas voces poéticas femininas máis recentes. Itinerarios: Revista De Estudios Lingüisticos, Literarios, Históricos Y Antropológicos, (20), 25-34.
- A Sega (Ánxela Lema)
- Criticalia (Armando Requeixo)
- Caderno da crítica (Ramón Nicolás)
- Trafegando ronseis
- La piedra de Sísifo
Berta Dávila na prensa
Entrevistas
Entrevistada por Montse Dopico (2016)
Entrevista de Carlos Meixide en Praza (2019)
Entrevista a Berta Dávila, Premio Guillermo de Baskerville 2015 (Javier Miró)
Entrevista de Adrián Vieitez en Zenda Libros arredor de Carrusel (2021)
Entrevista de Inma Otero (2021)
Se queres saber máis sobre ela: