María Reimóndez

Imaxe0561Imaxe0559

O pasado xoves tivemos o encontro literario con María Reimóndez. Falamos, e moito, sobre a súa obra Dende o conflito, sobre os personaxes, a boa descripción que María fai de cada un deles, e sobre todo das mulleres, de Saínza e de Aurora. Trasladámonos aos conflitos, a cada un dos que vivíu Saínza, os “externos” e aqueles que durmían no seu interior. Tamén as reporteiras de guerra estiveron con nós, Sofía Casanova, Marie Colvin, Lara Logan…, todas elas, algunhas descoñecidas para nós e que agora, grazas a María, ocuparán a noso repertorio de lecturas na espera. Nesa listaxe están xa outras das obras de María, fio conductor das historias tecidas en Dende o conflito.
Acompañou a María Mercedes Peón, como sorpresa da tarde, que axiña quedou integrada no grupo, e Manuela Vázquez, secretaria da ONG creada por María, Implicadas no desenvolvemento, quen nos falou sobre a campaña “Cambia de papel“, coa idea de achegala á nosa facultade.

Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas . Ligazón permanente.

3 Responses to María Reimóndez

  1. Cristina Regueiro di:

    Como todos os demais encontros, un luxo poder compartir espazo con autores das obras comentadas, ou con coñecedores desas obras, escoitar opinións, comentar e disfrutar dunha tarde agradable en moi boa compañia.
    María Reimóndez excepcional e a sua obra entretida deixando ganas de ler máis .

  2. Un pracer, mil grazas por contardes comigo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s