Que é?

Nébeda é un club de lectura e encontros literarios creado pola Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación para ler e compartir.

Ten como finalidade a creación de hábitos lectores entre estudantes da Universidade, ao tempo que fomenta a utilización da lingua galega e o coñecemento da nosa literatura contemporánea.

Todo proceso de de aprendizaxe no ensino superior debe pasar por unha competencia lectora, definida pola OCDE como a de “comprender, utilizar, reflexionar e interesarse polos los textos escritos, para acadar os propios obxectivos, desenvolver o coñecemento e potencial personais, e participar na sociedade”, que debe ser intelectiva, crítica e creativa. Unicamente dende esta lectura o alumnado será quen de analizar a literatura científica. Para chegar a ela é imprescindible crear un hábito lector na  Universidade, no que se implique toda a comunidade (docentes, PAS e alumnado). Nébeda quere ser un lugar de encontro, arredor da lectura, interxeneracional e entre os distintos grupos da comunidade universitaria.

Nébeda promove a utilización da lingua galega e potencia o achegamento á narrativa, poesía, teatro ou banda deseñada contemporáneas en galego. Procura tamén o diálogo con outras artes, como o cine, realizándose sesións debate cinematográfico.  Pretende a interación cos textos, chegando á creación dunha obra propia (texto, imaxe fotográfica ou video).

Coordinadora: Inma Doval Porto (Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación).

Colaboradoras/es: Juan Luís Bueno Aguilar, docente no centro.

Axudas económicas: Servizo de Normalización Lingüística da UDC.

Dende a Biblioteca tentamos crear unha conciencia lectora nos nosos usuarios e usuarias, paralela ao apoio ao estudo e investigación. Para iso tentamos crear espazos físicos e virtuais nos que a comunidade universitaria do centro poida disfrutar da creación literaria, en todos os xéneros e formatos.

OBXECTIVOS

  1. Fomentar a lectura de obras de creación entre a comunidade universitaria, para o seu beneficio e entretemento.
  2. Crear hábitos lectores entre estudantes da Universidade
  3. Potenciar o coñecemento dos autores e autoras galegos contemporáneos, así como a utilización da nosa lingua.
  4. Favorecer o espírito de crítica literaria, tan útil para comezar calquera proceso de investigación.
  5. Socializar a lectura, compartila con outros membros da comunidade  universitaria e cos propios autores e autoras das obras.
  6. Animar á relación interxeracional a través da cultura.
  7. Estimular a creatividade, a difusión de ideas, incluso a posible creación dun texto literario.
  8. Alimentar a lectura como ferramenta de emancipación persoal e social, imprescindible para a independencia na aprendizaxe contínua.
  9. Fomentar a participación activa a través das actividades culturais.

A QUEN VAI DIRIXIDO

O club de lectura está dirixido a alumnado, PAS e PDI da Universidade da Coruña.

LUGAR E DATA

No Recuncho de lectura Xohana Torres, da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación durante cada curso académico, en datas sinaladas especificadas no programa anual.

Recursos cos que conta a Biblioteca para a realización do clube:

  1. Un espazo físico, o Recuncho de lectura, no que se levarán a cabo os encontros cos distintos autores e autoras convidados.
  2. Un espazo virtual, unha plataforma de comunicación en liña con quen desexe participar.
  3. Unha colección importante de obras de creación literaria de todos os xéneros.
  4. 10 lectores de libro electrónico dispoñibles para levar en préstamo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s