Rosalía Fernández Rial

ArquivoAELG_DistritoXermarCCbySA30

ArquivoAELG_DistritoXermarCCbySA30

ENCONTRO LITERARIO NO CLUB DE LECTURA NÉBEDA: 19 de novembro de 2020 ás 16 horas

Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988-)

Autora multidisciplinar  da Costa da Morte. Licenciada en Filoloxía e Doutora en didáctica das linguas e expresión dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou acordeón no conservatorio de Carballo e ten formación en arte dramática. Moi vencellada ao teatro, como investigadora e intérprete, facendo parte do Grupo de investigación Calderón de la Barca.

En 2016 defende a súa tese de doutoramento na USC co título Expresión dramática e teatral para a clase de linguas no ensino secundario. Deste proceso de investigación sae tamén o ensaio (libro-DVD) Aulas sen paredes (Positivas, 2016), en que utiliza a expresión dramática e teatral para o ensino e aprendizaxe das línguas. Esta obra acadou o Premio á mellor iniciativa bibliográfica da II Gala do Libro Galego no 2017.

Rosalía é sobre todo poeta, no entanto, a música e a expresión corporal (teatro e performance) son parte importante da súa obra. Así, realiza performances musicais sobre cada un dos seus libros de poesía: En clave de sol (Asociación Cultural Lumieira, 2009); Átonos (Asociación Cultural Lumieira , 2011); Vinte en escena (Positivas, 2012); Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte (Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte , 2012), guía poética pola Costa da Morte, en colaboración con Xan Fernández; Ningún amante sabe conducir (Positivas , 2014); Contra-acción (Neopátria, 2016) ou Sacar a bailar, poesía reunida (2009-2016) (Sial-Pigmalión , 2016). Ten poemas en obras colectivas como Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (Toxosoutos, 2013), Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (A. C. Caldeirón, 2013) ou Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019). Árbores no deserto é o seu último poemario (Galaxia, 2020) e nel rende homenaxe a once mulleres coas que dialoga.

Realiza numerosas accións poéticas con video-poemas e proxectos poético-musicais como ELO, en colaboración con Serxio Moreira. Teñen gravados varios vídeos con poemas extraídos de Vinte en Escena e Ningún amante sabe conducir.

A música tamén está presente na obra narrativa e en 2018 sae do prelo Bonus track (Galaxia, 2018), en que os relatos, en palabras da autora, “son tecidos con letras de cancións e derradeiras esperanzas” (http://editorialgalaxia.gal/produto/bonus-track/)

A súa aposta pola hibridación na creación (poética, plástica, musical, escénica ou performativa) reflíctese, igualmente, na realización de obras en que poesía e artes plásticas dialogan, como é o Catálogo, de obra plástica e poesía, xunto a Paco Souto, Mon Lendoiro e Chiña.

Outro exemplo de hibridación poético-visual é a realizada na peza teatral A lúa, válvula de spray, presentada no último Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) (Outubro, 2020).

Ten publicados relatos curtos en volumes colectivos, como Follas de Carballo (2011) ou Contos de taberna (2014). Colabora como articulista no xornal dixital Praza Pública.

ningun-amante-sabe-conducirNingún amante sabe conducir

(Positivas, 2014)

Os poemas de Ningún amante sabe conducir están dispoñíbeis na canle de Bandcamp da autora.

Sobre esta obra:

Entrevista no programa Zig Zag diario

Comentario de Chus Nogueira na Radio galega

Crítica de X. M. Eyré

Crítica de Ramón Nicolás 

Blogue escolar Trafegando Ronseis

Blogue escolar As Zocas Faladoras

Para coñecer máis sobre Rosalía Fernández Rial e a súa obra:

Entrevistas en Palavra comum

Entrevistada por Ramiro Torres (17 de setembro de 2014)

Entrevistada por Estela Pan Vázquez (23 de agosto de 2018)

Entrevista en Sermos Galiza por Mario Regueira (30 de abril de 2018)

Entrevista para Vértice de Versos, por Carlos Lorenzo:

Entrevista por Montse Dopico (23 de abril de 2014) en Magazine Cultural Galego

Web da autora

Na AELG 

As escollas selectivas

Galipedia

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Rosalía Fernández Rial, Uncategorized coas etiquetas , . Ligazón permanente.

1 Response to Rosalía Fernández Rial

  1. Xa me gustaría, pero non podo
    Ten moi boa pinta a proposta e gustaríame estar
    Disfrutade
    unha aperta grande
    Juan José
    ________________________________

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s