Xoán Abeleira e Porca terra de John Berger

Fotografía de Ana Zapata

Xoán Abeleira nace en Maracay (Venezuela), en 1963. Creador múltiplo: poeta, narrador, ensaísta, tradutor, músico e artista visual. É xornalista, profesor, crítico literario e dinamizador cultural. Como profesor imparte cursos e seminarios literarios e artísticos en distintos lugares de Galicia e de España, tendo especial relevancia os que xiran arredor do movemento surrealista.

Fillo da emigración, regresa a España coa súa familia en 1973, o destino será, nesta ocasión, Madrid. Alí comezará moi cedo as súas primeiras experiencias coa escrita, iniciándose na tradución de textos con tan só dezasete anos.

En Madrid publicará os seus primeiros poemarios: Umbral del Centinela/La piel iluminada (Olifante, 1997), Identidades (Hiperión, 1998) e Nueve motivos para un obsequio /Nove motivos para um obséquio (Mandala, 2001). Esta última obra foi feita en colaboración con Lourdes Parente, artista brasileira especializada en sumi-e.  

En 1997 comeza a publicación da serie infantil Nunavut, ilustrados por Helena Martínez, da que, posteriormente, sairá unha nova edición, en galego, en edicións Xerais (2003-2004), ilustrada por Jacobo Fernánbdez Serrano. A serie está formada por catro volumes onde se narra a historia dunha rapaza inuit, Nunavut. Con esta obra foi elixido autor do mes na revista CLIJ.

Tamén en Madrid comeza os estudos de teatro, con José Carlos Plaza e William Layton, que culminarán na dirección dunha montaxe baseada en dúas pezas curtas de Tennessee Williams (Querencia, estreada no Teatro del Mercado de Zaragoza).  

Como xornalista traballará para Cuadernos HispanoamericanosEl UrogalloDiario 16El Público, El País, La Opinión de A Coruña ou El Heraldo de Aragón. Tamén será guionista na TVE.

Regresa a Galicia en 1999 e esta volta supón tamén o inicio dun compromiso identitario coa nación materna e paterna que o levará á utilización do galego como lingua principal na súa escrita. Xunto á tamén poeta Olga Novo e a artista Alexandra Domínguez, publica o libro de artista Magnalia (Espiral Maior, 2020); seguirán os poemarios Animais Animais (con dúas versións: unha en Espiral Maior e outra, bilingüe e ampliada, en Bartleby Editores); a nova versión da serie As aventuras de NunavutA pegada de Man, ensaio lírico e fotográfico sobre o “alemán de Camelle”, Manfred Gnädinger (Xerais, 2006). No 2010 publicou As nosas sombras no xardín de Serralves (Franouren Edicións, edición ampliada e bilingüe na colección Banfile), libro co que quedou finalista do Premio Nacional de Poesía, e no 2012 Pan de ánimas (Xerais).

Co-creador do Grupo Surrealista Galego (GSG), disolto no ano 2020. O grupo deixou pegada nalgunhas obras colectivas como o Tarot Liberdade, caixa de artistas ou objeto-libro producido artesanalmente por Manchea a partir da versión galega do poema homónimo de Paul Eluard, realizada por Xoán Abeleira, con gravados de Alba Torres, Ana Zapata, Alfredo Ferreiro, Laura Sánchez e Tono Galán.

O último artefacto do GSG é SORE, composto por Fotografías, collages, relatos, cadros e soños… eróticos, nunha edición de 96 exemplares.

O inicios no mundo da música veñen da man do grupo La República, creado pr el mesmo, onde é compositor e cantante, editando o seu primeiro disco en 1988. En setembro do 2009, participou na dobre estrea (na Coruña e en Vigo) do concerto “Música para un Ouveo”-“Música para un Aullido”, unha obra para quinteto e recitador creada polo compositor galego Borja Costa a partir dos poemas de Allen Ginsberg, traducidos (ó galego e ó castelán) e interpretados polo propio Abeleira. En 2010, puxo en pé un proxecto chamado Fuso Negro no que mesturaba poesía, teatro e música, xunto a varios músicos galegos. En 2021 vén de publicarse o seu último disco, El hombre de arena, dentro do proxecto Fuso Negro.

Como tradutor ter publicadas obras de Rimbaud, Apollinaire, Breton, Desnos, Char, Artaud, Michaux, Rabearivelo, Esteban, Bonnefoy, Shelley, London, Berger, Ginsberg, Hughes o Silvia Plath. Son memorábeis as traducións da obra completa de Sylvia Plath (Bartleby, 2003), publicada por primeira vez en español, 700 páxinas que conteñen uns douscentos poemas inéditos e onde Abeleira recupera se recupera a versión restaurada que de Ariel fixera en 2003 a filla de Plath e Hughes, Frieda. De gran rigor é tamén a edición bilingüe que realizou sobre a obra de madurez do autor francés André Breton, que publicou baixo o título de Pleamargem (Galaxia Gutemberg, 2016).  En Nierikate (Banfile, 2017) o autor fai unha escolma de trescentos textos traducidos por el ao galego, con ilustracións da artista colombiana Ana Zapata.  

Fotografía de Antonio Marín Segovia, baixo licencia cc-by-nc-nd/2.0

JOHN BERGER

Fotografía de Antonio Marín Segovia, baixo licencia cc-by-nc-nd/2.0

John Berger (Hackney, Londres, Inglaterra, 5 de noviembre de 1926-París, Francia, 2 de enero de 2017)​ fue un creador múltiple, escritor e artista visual, británico. As súas reflexións  e a súa obra marcaron un antes e un despois nosa aproximación á imaxe fotográfica e artística, aprendeunos outros modos de mirar (Ways of seeing). É, por tanto, un dos autores máis influíntes no panorama contemporáneo.

Poesía, novela, teatro, ensaio, crítica literaria, guións cinematográficos, a obra escrita de Berger é inmensa, no entanto, aproximarémonos nesta ocasión a Porca terra, cuxo título orixinal é Pig Earth (1979), un himno á cultura do campo, a través da descrición dunha aldea dos Alpes franceses que ben podería ser calquera outra, mesmo unha das nosas. A obra foi vertida ao galego por Xoán Abeleira, primeiramente en 2007 para a editorial Rinocernte e en 2019 por Alento edicións). Forma parte da triloxía Into Their Labours, que inclúe ademáis Once in Europe (1987) e Lilac and Flag (1990).

Entrevista a Xoán Abeleira por Rodrigo Olavarría (El Maquinista de la generaciónNº. 17, 2009, páxs. 193-197)

Artigos de Xoán Abeleira en prensa:

El País

Carta aberta a Xoán Abeleira (a conta de John Berger), por Pilar García Negro (La Opinión, 1/10/2008)

Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s