CineClub

BLOW-UP

Como ben sabedes, xa foi comentado nun post deste blogue, as obras de Cortazar foron moi levadas ao cine. A selección dalgunha película, neste caso, é difícil, temos as de Manuel Antín, Week-end, de Godard, La vida secreta de las palabras, de Isabel Coixet, Blow-up de Antonioni, Urxa, de Carlos pIñeiro, o film de Tristan Bauer sobre Cortázar… Tendo en conta as lecturas que seleccionamos e a disponiblidade das películas, eleximos Blow-up.
A vindeira sesión de cineclub será o mércores 25 de xuño ás 17 horas, coma sempre, no Recuncho de lectura da Biblioteca. Veremos e comentaremos a película Blow-up (1966), de Michelangelo Antonioni, interpretada por David Hemmings, Vanessa Redgrave, Sarah Miles, Peter Bowles, Jane Birkin, Gillian Hills e Verushka. A música é fantástica, de Herbert Hancock.
Esta película está basada no conto de Julio Cortázar, las babas del diablo. Recibíu numerosos premios e nominacións: Palma de ouro no Festival de Cannes, 2 nominacións nos Oscars: Mellor director e guión orixinal, Globos de Oro á mellor película extranxeira de fala inglesa, mellor película polos críticos de Nova York e Premios BAFTA con tres nominaciónss: mellor film británico, fotografía e dirección artística.

Deixamos aquí o trailer oficial en inglés. A película téñenna na Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Algunha bibliografía para analizar a película.

Bruno, Martina. Taciturnidad temporalizada: acercamientos que producen fragmentos. El dispositivo fotográfico en “Las babas del diablo” y “Blow-up”. Contratiempo. Revista de cultura y pensameinto. En rede.

Carbajal, B. J. (2002). Illusive reality in cortázar’s “las babas del diablo” and antonioni’s blow-up. Revista De Estudios Hispánicos, 29(1), 169-176.

Cepedello Moreno, M. P., & Melendo Cruz, A. (2013). Narración y sabotaje en ” las babas del diablo ” ” y ” blow up “. Signa: Revista De La Asociación Española De Semiótica, (22), 227-243.

Conde Muñoz, A. (2008). La precisión de la nada (reflexiones sobre “blow up”). Cuadernos De Filología Italiana, (15), 157-179.

Fillol, S. (2012). De blow-up a la jetté. fotografías de un pasado por revelar en uncle boonmee who can recall his past lives. Comunicación: Revista Internacional De Comunicación Audiovisual, Publicidad y Estudios Culturales, (10), 735-742.

Flores Martínez, M. J. (2013). La fotografía de moda en el cine: Funny face y blow up. Fotocinema: Revista Científica De Cine y Fotografía, (7), 73-98.

Franco, J. (2011). ‘Blow-up (el sueño de una noche de verano)’

Leyland, M. (2004). Blow-up (film). Sight & Sound, 14(7), 74.

Losilla Alcalde, C. (2005). Blow up (michelangelo antonioni). Dirigido Por …: Revista De Cine, (349), 68-69.

Marinero Medina, I. (2005). Blow up y la ventana indiscreta: El enigma de la imagen fotográfica. La Ventana Indiscreta: Cuadernos Del Aula De Cine y Arquitectura De La ETSAM ( Escuela Técnica Superior De Arquitectura ), (2), 71-82.

Momeñe, E. (2005). Blow up: Acerca de maryon park. Doce Notas Preliminares: Revista De Música y Arte, (15), 60-77.

Outro conto levado ao cine foi La autopista del sur, que Jean-Luc Godard plasmaría na súa película Weekend (1967), interpretada, entre ooutras/os por Mireille Darc, Jean Yanne, Jean-Pierre Kalfon, Juliet Berto, Michèle Breton e Jean Eustache. A música é de Antoine Duhamel e MozartDeixamos aquí un trailer da película na súa versión orixinal en francés.

AS CARTAS DE ALOU

Comezaremos no mes de abril, o día 24, xoves, ás 17 horas, coa proxección do documental Mamasunción, de Chano Piñeiro e Las Cartas de Alou, de Montxo Armedáriz e Saïd de Lloreçs Soler.

O NOSO CINECLUBE

Paralelamente ás lecturas e encontros realizarase a proxección dalgunha película relacionada coa obra cun coloquio ao finalizar a mesma. O cineclube estará moderado por Juan José Bueno Aguilar, profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, e autor do blogue Sildavia9.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s