Sala Xohana Torres, 13 de febreiro de 2020, 16 h.
Vanesa Sotelo (Cangas de Morrazo 1981-) é escritora dramática, actriz, directora de teatro e xornalista. Licenciada en dirección de escena pola Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Actualmente dirixe a Revista Galega de Teatro e pedagoga en diferentes organizacións de Galicia e Portugal..
Dramaturga residente no Centro Dramático Galego xunto a Rubén Ruibal e Jacobo Paz en 2008, con eles escribiu Estigma. De novo, en 2009, comparte esa mesma residencia con Gena Baamonde e Eva F. Ferreira, co proxecto Corpo-puta-vaca-berro. Formou parte de varias compañías teatrais: Aula de Teatro da Universidade de Santiago, Amphi-Théâtre compañía francesa, Teatro en el Aramio e Inversa Teatro.
Ten acadado numerosos premios: IV Certame Diario Cultural de Teatro Radiofónico con Indoor (2010), XIII Premi Josep Robrenyo con Memoria do Incendio e o VI Premio Abrente de Textos Teatrais con Campo de covardes (2011). En 2014 foi seleccionada dentro do III Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales do INAEM con Nome:Bonita, que acadou o Premio Mondoñedo 10 na modalidade de teatro (2018). En 2014 participou no proxecto dramatúrxico internacional 365 Women a Year con O retrato da sibila, no que recrea a figura da pintora Maruxa Mallo.
Ten escritas e publicadas máis dunha ducia de obras, algunhas premiadas e parte levadas á escena:
2018. Laica. Estrea no Auditorio, Cangas do Morrazo. Publicada en Grial, Revista Galega de Cultura nº 218
2017. Índigo. Estrea (Lectura) Ciclo ‘Las funciones por hacer’, El Pavón Teatro Kamikaze, Madrid
2016. Os mares de Caronte
2015. O retrato da Sibila. Publicada por Ediciones Antígona
2014. Nome: Bonita. Dentro do III Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales. Premio Mondoñedo 10 na modalidade de teatro.Pódese descargar na web da Muestra de Teatro de Autores Contemporáneos muestrateatro.com
2013. Eurívoros. Estrea en Banqueiros, publicada na Editorial Laiovento, 2013
2012. Frontera. Acotaciones, 2012
2011. Campo de covardes. Premio Abrente de Textos Teatrais 2011. Publicada por Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2012
2010. Kamouraska. Estrea en Cangas do Morrazo, 2010. En Dramaturgas del siglo XXI, Editorial Cátedra, 2014
2010. Memoria do incendio. XIII Premi Josep Robrenyo
Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2012
2010. Indoor. Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico 2010
Edicións Xerais, 2010
2009. Timisoara. Editorial Laiovento, Caderno Novos Autores II
2008. Estigma. Estrea no Salón Teatro, Santiago de Compostela
Editorial Laiovento, 2009
2007. Panóptico. Revista Madrygal, 2008
2003. Azotea. Estrea na Sala Nasa, Santiago de Compostela
Revista Galega de Teatro, nº 39
“Incomunicación, silencio, muller, memoria, violencia…” son os temas que Vanesa recoñece na súa obra.
Nome: Bonita
Créase dentro do III Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales en 2014 e en 2018 acada o Premio Mondoñedo 10 na modalidade de teatro. Trátase dunha obra que paira arredor das mulleres guerrilleiras, bandoleiras ou cangaçeiras, mulleres represaliadas, que loitan en Galicia, Portugal ou Brasil. A violencia e a memoria son piares sobre os que se asenta a súa obra, que nesta ocasión está, asemade, escrita con idea de establecer pontes coa lusofonía, con saltos temporais e espaciais e, ao tempo, con ligacións entre eles. O xurado do Premio Mondoñedo 10, salientou na obra unha lembranza de Álvaro Cunqueiro dado o seu potente lirismo.
Pódese descargar na web da Muestra de Teatro de Autores Contemporáneos.
Máis información sobre Vanesa Sotelo e a súa obra:
Entrevista no Diario cultural 14/11/2018
Entrevista realizada polo Centro de Documentación Teatral (2011), resposta a pregunta de Eduardo Pérez-Rasilla sobre o proceso de creación.
Estigma
Producción: Centro Dramático Galego
Autoría: Jacobo Paz, Rubén Ruibal y Vanesa Sotelo. Dirección: Dani Salgado. Escenografía y vestuario: Joan Galí. Iluminación: Baltasar Patiño. Intérpretes: Xavier Deive, Xosé Manuel Esperante, Clara Gayo, Vicente de Souza y María Tasende Cotelo. Estreno: 2 de mayo de 2008 en el Salón Teatro de Santiago de Compostela (A Coruña).