Naciso de Gabriel / Elisa e Marcela

Nebeda_Narciso de Gabriel_2019

O xoves 12 de decembro compartiremos con Narciso de Gabriel o noso club de lectura. Con el falaremos sobre a súa obra Elisa e Marcela. Amigas e amantes (Xerais, 2019). Será ás 16 horas na sala Xohana Torres.

Narciso de Gabriel é pedagogo, ensaísta e catedrático de Teoría e Historia da Educación na Universidade da Coruña. Exerce como profesor na Facultade de Ciencias da Educación. Como investigador ten publicado libros e artigos sobre historia da educación en Galicia, sendo as súas liñas de investigación: escolarización e alfabetización, cultura escolar popular, escolarización e práctica lingüística en Galicia.

Ten acadado premios polo seu traballo como investigador: o Premio de Investigación María Barbeito da Universidade de Santiago no 2001, coa obra Escolantes e escolas de ferrado; o Premio de Investigación Losada Diéguez no 2002, por Escolantes e escolas de ferrado ou o Premio de Investigación Concepción Arenal no 2006, por Ler e escribir en Galicia.

Amais das citadas, ten publicadas as obras: Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural (Universidade de Santiago de Compostela, 1989), Elisa e Marcela. Alén dos homes (Nigraterra, 2008), Elisa e Marcela. Amigas e amantes (Xerais, 2019) e Xosé María Álvarez Blázquez. Mestre republicano. Diario escolar e desterro (Xerais, 2019).

Tamén participa en obras colectivas e publicou numerosos artigos en revistas científicas. Deixámosvos un documento coas referencias bibliográficas das súas obras publicadas até o día de hoxe.

Portada-Voz-Galicia-publicaron-matrimonio_EDIIMA20190605_0839_20-213x300Foi esta labor investigadora a que o levou a seguir a pegada de Elisa e Marcela, dúas mulleres que se revelaron contra a sociedade patriarcal e que hoxe son modelo paradigmático para estudos sobre travestismo, lesbianismo ou hermafroditismo, así como por seren as primeiras, coñecidas até hoxe, en levar a cabo un “casamento sen home” en España (no ano1901); porén está documentado un casamento con dous homes no ano 1061 en Rairiz de Veiga.

O traballo científico realizado por Narciso de Gabriel, meticulosamente documentado, abriu portas a novas análises e deu lugar á publicación de obras de creación sobre a vida destas dúas mulleres, mestras e pioneiras en rebentar as normas sociais machistas e heteropatriarcais. Así temos o filme de Isabel Coixet, Elisa y Marcela, que protagonizan Natalia de Molina e Greta Fernández ou a novela Amantes de Buenos Aires, de Alberto S. Santos, escritor e profesor na Universidade do Porto. Iniciáronse tamén iniciativas como o premio Marcela e Elisa, fundado polo colectivo Milhomes e apoiado pola FELGTB.

Igualmente, a partir da publicación do ensaio de Narciso de Gabriel, comezaron a aparecer  artigos en prensa e revistas académicas sobre Elisa e Marcela. Podedes ler aquí unha selección dos mesmos:

Alvarez Pino, A. (2018). Enredo pola liberdade: Reflexión a partir da montaxe “elisa e marcela”, da compañía de teatro A panadaría. Grial: Revista Galega De Cultura, 56(217), 110-114.

Esparza, P. (11 de novembro de 2016). La fascinante historia de Marcela y Elisa, las pioneras lesbianas que se casaron en España (y tuvieron que huir a Argentina). BBC Mundo. Disponíbel en https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-37946980

Ballarín Domingo, P. (2011). Recensión de Gabriel, narciso de: Elisa y Marcela. más allá de los hombres. Barcelona, editorial libros del silencio, 2010. Arenal: Revista de historia de mujeres, 18(2),  483-485.

Fernández, C. (8 de xuño de 2001). La primera boda sin hombre. La Voz de Galicia. Disponíbel en https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2001/06/08/primera-boda-hombre/0003_603476.htm

Freire, E. (7 de xuño de 2006). Marcela y Elisa: Maestras náufragas. Campus. Disponíbel en https://www.elmundo.es/suplementos/campus/2006/460/1149693623.html

Gabriel Fernández, N. d. (2012). Elisa e marcela. homosexualidade e homofobia. Revista Galega De Educación, (54), 53-55. Disponíbel en https://dialnet.unirioja.es/servlet/extart?codigo=4077064

March, K. N. (1989). Festa da palabra. New York u.a: Lang. Disponíbel en https://dialnet.unirioja.es/servlet/extart?codigo=3890252

Martiño, Henrique (22 de outubro de 2016). Marcela y Elisa, las únicas lesbianas que se casaron por la Iglesia. Público. Disponíbel en https://www.publico.es/sociedad/marcela-elisa-matrimonio-lesbianas-gay.html

Martiño, Henrique (5 de novembro de 2016). El trágico destino de Marcela y Elisa, las únicas lesbianas casadas por la Iglesia: ¿suicidio o cáncer terminal?. Público. Disponíbel en https://www.publico.es/sociedad/marcela-elisa-lesbianas-suicidio-muerte.html

Ponga, P. (2019). Inéditos VOD, A las que se aman. Fotogramas & DVD: La Primera Revista De Cine, (2108), 107-109. Disponíbel en https://dialnet.unirioja.es/servlet/extart?codigo=6954944

Ramírez, Cristóbal (14 de marzo de 2010). Marcela y Elisa, casadas en 1901. El País. Disponíbel en https://elpais.com/diario/2010/03/14/eps/1268551610_850215.html

 

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Narciso de Gabriel Fernández, Uncategorized coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s