Xoán Abeleira e Porca terra de John Berger

Fotografía de Ana Zapata

Xoán Abeleira nace en Maracay (Venezuela), en 1963. Creador múltiplo: poeta, narrador, ensaísta, tradutor, músico e artista visual. É xornalista, profesor, crítico literario e dinamizador cultural. Como profesor imparte cursos e seminarios literarios e artísticos en distintos lugares de Galicia e de España, tendo especial relevancia os que xiran arredor do movemento surrealista.

Fillo da emigración, regresa a España coa súa familia en 1973, o destino será, nesta ocasión, Madrid. Alí comezará moi cedo as súas primeiras experiencias coa escrita, iniciándose na tradución de textos con tan só dezasete anos.

En Madrid publicará os seus primeiros poemarios: Umbral del Centinela/La piel iluminada (Olifante, 1997), Identidades (Hiperión, 1998) e Nueve motivos para un obsequio /Nove motivos para um obséquio (Mandala, 2001). Esta última obra foi feita en colaboración con Lourdes Parente, artista brasileira especializada en sumi-e.  

En 1997 comeza a publicación da serie infantil Nunavut, ilustrados por Helena Martínez, da que, posteriormente, sairá unha nova edición, en galego, en edicións Xerais (2003-2004), ilustrada por Jacobo Fernánbdez Serrano. A serie está formada por catro volumes onde se narra a historia dunha rapaza inuit, Nunavut. Con esta obra foi elixido autor do mes na revista CLIJ.

Tamén en Madrid comeza os estudos de teatro, con José Carlos Plaza e William Layton, que culminarán na dirección dunha montaxe baseada en dúas pezas curtas de Tennessee Williams (Querencia, estreada no Teatro del Mercado de Zaragoza).  

Como xornalista traballará para Cuadernos HispanoamericanosEl UrogalloDiario 16El Público, El País, La Opinión de A Coruña ou El Heraldo de Aragón. Tamén será guionista na TVE.

Regresa a Galicia en 1999 e esta volta supón tamén o inicio dun compromiso identitario coa nación materna e paterna que o levará á utilización do galego como lingua principal na súa escrita. Xunto á tamén poeta Olga Novo e a artista Alexandra Domínguez, publica o libro de artista Magnalia (Espiral Maior, 2020); seguirán os poemarios Animais Animais (con dúas versións: unha en Espiral Maior e outra, bilingüe e ampliada, en Bartleby Editores); a nova versión da serie As aventuras de NunavutA pegada de Man, ensaio lírico e fotográfico sobre o “alemán de Camelle”, Manfred Gnädinger (Xerais, 2006). No 2010 publicou As nosas sombras no xardín de Serralves (Franouren Edicións, edición ampliada e bilingüe na colección Banfile), libro co que quedou finalista do Premio Nacional de Poesía, e no 2012 Pan de ánimas (Xerais).

Co-creador do Grupo Surrealista Galego (GSG), disolto no ano 2020. O grupo deixou pegada nalgunhas obras colectivas como o Tarot Liberdade, caixa de artistas ou objeto-libro producido artesanalmente por Manchea a partir da versión galega do poema homónimo de Paul Eluard, realizada por Xoán Abeleira, con gravados de Alba Torres, Ana Zapata, Alfredo Ferreiro, Laura Sánchez e Tono Galán.

O último artefacto do GSG é SORE, composto por Fotografías, collages, relatos, cadros e soños… eróticos, nunha edición de 96 exemplares.

O inicios no mundo da música veñen da man do grupo La República, creado pr el mesmo, onde é compositor e cantante, editando o seu primeiro disco en 1988. En setembro do 2009, participou na dobre estrea (na Coruña e en Vigo) do concerto “Música para un Ouveo”-“Música para un Aullido”, unha obra para quinteto e recitador creada polo compositor galego Borja Costa a partir dos poemas de Allen Ginsberg, traducidos (ó galego e ó castelán) e interpretados polo propio Abeleira. En 2010, puxo en pé un proxecto chamado Fuso Negro no que mesturaba poesía, teatro e música, xunto a varios músicos galegos. En 2021 vén de publicarse o seu último disco, El hombre de arena, dentro do proxecto Fuso Negro.

Como tradutor ter publicadas obras de Rimbaud, Apollinaire, Breton, Desnos, Char, Artaud, Michaux, Rabearivelo, Esteban, Bonnefoy, Shelley, London, Berger, Ginsberg, Hughes o Silvia Plath. Son memorábeis as traducións da obra completa de Sylvia Plath (Bartleby, 2003), publicada por primeira vez en español, 700 páxinas que conteñen uns douscentos poemas inéditos e onde Abeleira recupera se recupera a versión restaurada que de Ariel fixera en 2003 a filla de Plath e Hughes, Frieda. De gran rigor é tamén a edición bilingüe que realizou sobre a obra de madurez do autor francés André Breton, que publicou baixo o título de Pleamargem (Galaxia Gutemberg, 2016).  En Nierikate (Banfile, 2017) o autor fai unha escolma de trescentos textos traducidos por el ao galego, con ilustracións da artista colombiana Ana Zapata.  

Fotografía de Antonio Marín Segovia, baixo licencia cc-by-nc-nd/2.0

JOHN BERGER

Fotografía de Antonio Marín Segovia, baixo licencia cc-by-nc-nd/2.0

John Berger (Hackney, Londres, Inglaterra, 5 de noviembre de 1926-París, Francia, 2 de enero de 2017)​ fue un creador múltiple, escritor e artista visual, británico. As súas reflexións  e a súa obra marcaron un antes e un despois nosa aproximación á imaxe fotográfica e artística, aprendeunos outros modos de mirar (Ways of seeing). É, por tanto, un dos autores máis influíntes no panorama contemporáneo.

Poesía, novela, teatro, ensaio, crítica literaria, guións cinematográficos, a obra escrita de Berger é inmensa, no entanto, aproximarémonos nesta ocasión a Porca terra, cuxo título orixinal é Pig Earth (1979), un himno á cultura do campo, a través da descrición dunha aldea dos Alpes franceses que ben podería ser calquera outra, mesmo unha das nosas. A obra foi vertida ao galego por Xoán Abeleira, primeiramente en 2007 para a editorial Rinocernte e en 2019 por Alento edicións). Forma parte da triloxía Into Their Labours, que inclúe ademáis Once in Europe (1987) e Lilac and Flag (1990).

Entrevista a Xoán Abeleira por Rodrigo Olavarría (El Maquinista de la generaciónNº. 17, 2009, páxs. 193-197)

Artigos de Xoán Abeleira en prensa:

El País

Carta aberta a Xoán Abeleira (a conta de John Berger), por Pilar García Negro (La Opinión, 1/10/2008)

Publicado en Uncategorized | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Encontro literario-artístico con Xesús Ron (Chévere)

O 22 de abril teremos con nós a Xesús Ron, un dos compoñentes do grupo de teatro Chévere. Será como é habitual ás 16 horas. Agradamos que poida ser presencial, no entanto, sempre nos queda a opción de Teams, se a situación pandémica nos obriga.

O grupo Chévere  foi creado en 1987 por Miguel de Lira, Xesús Ron, John Eastman e Vicente Mohedano Mira, incorporándose no ano seguinte Blanca Cedán. Actualmente está formado por Miguel de Lira, Xesús Ron, Patricia de Lorenzo, porén, mantén continuas colaboracións con artistas de diversos escenarios artísticos. É un grupo de teatro galego independente, “irreverente” e moi crítico coa realidade social actual. 

En 1992 crean a Sala Nasa (Nave de Servizos Artísticos) en Compostela e Chévere convértese nunha compañía de teatro residente até 2011 en que o concello de Santiago lles retira o apoio e pecha o espazo. Trasládanse ao concello de Teo, onde estarán tamén como compañía residente até 2019.

Durante os vinte anos en que xestionaron o espazo da sala Nasa crearon e ofreceron multitude de proxectos, entre eles as denominadas Ultranoites, especie de “cabarets colectivos” onde participaron a maior parte do elenco artístico teatral galego.

A partir de 2005 diversifican as súas producións e participan en proxectos audiovisuais como series de TVg (Pepe o inglés), documental (A Viaxe dos Chévere) ou cine (Crebinsky ou Eroski Paraíso). Entre os proxectos máis innovadores está a obra de teatro participativa a través das redes sociais, Amores Prohibidos 2.0.

Crean a plataforma redenasa.tv, con contidos culturais en galego e onde se pode consultar o  arquivo audiovisual da Sala Nasa.

No ano 2014 o Ministerio de Cultura concédeslle o Premio nacional de teatro por toda a súa traxectoria.

En 2015 inician Berberecheira.Lab, unha iniciativa de custodia do territorio teatral de xestión colectiva, ao abeiro do que se crearon tres proxectos: Goldi Libre (2016), de César Goldi; Salvador (2017), de Borja Fernández; e Anatomía dunha Serea (2018), de Iria Pinheiro.

En 2018 estrean Divinas palabras Revolution, adaptación da obra de Valle-Inclán, en co-produción con Centro dramático Galego.

Curva España é a súa última produción, estreada en xullo de 2019 e que tivo que ser cancelada por mor da pandemia da covid-19, ao igual que todos os espectáculos que tiñan en marcha.

Entre os proxectos actuais están:

  • Creación, en colaboración con concellos galegos, de audioguias ficcionadas. O público, provisto de auriculares, poderá mergullarse en historias de ficción ao tempo que percorren o espazo e coñecen a cultura do país.
  • Teatro en escaparates para reivindicar o comercio de proximidade.
  • Recuperación dalgúns traballos de teatro radiofónico

O teatro de Chévere é paradigmático como medio de transgresión de modelos patriarcais, así como de sensibilización e divulgación en temas de igualdade e loita contra a violencia machista.

Sempre na procura de novos espazos, ferramentas, proxectos e iniciativas para frear a precariedade laboral e artística que afecta a todo o sector. Imparten obradoiros onde traballan con adolescentes e colectivos en situación de vulnerabilidade. En definitiva, utilizan o teatro como unha ferramenta transversal que lles permite atravesar todo tipo de fronteiras e trazar unha rede que una arte e sociedade coa finalidade de crear, comunicar, entreter e transformar.

A partir de 2017 publican os textos das súas obras máis representativas na colección Biblioteca de Teatro da editorial Kalandraka, entre as que se inclúe Citizen.

Fotografía de Leticia T. Blanco

Xesús Ron é un dos membros do grupo Chévere. Actor, dramaturgo, director e activista cultural, nado en Vigo en 1965. Dentro do grupo participa na creación dos textos, na produción teatral, interpretación e dramaturxia.

Entre os anos 1999 e 2003 foi membro da xunta directiva da Red de Teatros Alternativos e do Consello Asesor do Centro Dramático Galego (2006-2009). Participou no activismo social e artístico xerado a partir do afundimento do Prestige, sendo parte do Colectivo  Burla Negra e da Plataforma Nunca Máis

Citizen é un proxecto teatral dividido en tres espectáculos autónomos (I, II e III), a modo de triloxía ou teatro por capítulos, que se estraeron na Sala Nasa de Santiago de Compostela entre os anos 2010 e 2011. Posteriormente crearíase un espectáculo conxunto de case catro horas de duración que superou as 120 representacións en España e os 10.000 espectadores/as. Obtivo un gran recoñecemento da crítica e foi presentado en festivais internacionais como Temporada Alta (Cataluña) e Escena Contemporánea (Madrid). Acadou o Premio da Crítica 2011 e 5 premios María Casares en 2012, da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (entre eles mellor espectáculo, mellor dirección, mellor actriz protagonista).

A obra ofrece unha amálgama entre teatro documental, comedia, performance e audiovisual. Nela conflúen diversos elementos e protagonistas (o filme Citizen Cane, unha data: 1975 -morte de franco e comezo da transición-, a figura de Amancio Ortega ou os movementos de asociación de estudantes nacionalistas galegos), nunha forte ironía cara ao sistema capitalista neoliberal e á globalización e os seus efectos na crise actual.

Parte do espectáculo pódese ver na web da rede nasa.

Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés nunha escena do espectáculo Citizen.

Créditos do espectáculo: Creación de Chévere. Dirixida por Xesús Ron. Actúan: Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés. Arranxos sonoros: Xacobe Martínez Antelo. Vídeos: Oroboro Films, Quadra producións. Son/proxeccións e Iluminación: Fidel Vázquez. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Deseño gráfico: Fausto Isorna. Producida co apoio de: AGADIC, Concello de Santiago de Compostela, INAEM. Economistas colaboradores: Xosé Manuel Beiras, Xavier Vence, Lidia Senra e Fernando García Tobío. Agradecementos a Óscar, Paco Bixou, Lola, Dominga, Amalia, Estrella, ás mulleres cooperativistas de Harmonía e Millenium, ao Padre Jorge, a Belén, a Fátima.

Máis información sobre Chévere na súa web.

Entrevistas a Xesús Ron:

Chévere: el teatro irreverente de un Premio Nacional que choca con las instituciones, (Entrevista a Xesús Ron, por Marcos Pérez Pena) (El Diario, 28 de septembro de 2019) https://www.eldiario.es/galicia/chevere_1_1471102.html

Entrevista a Xesús Ron (Grupo Chévere), Xornadas HIPERESPAZOS. A Coruña, 22/11/2017
Fillos da Afouteza, 17 de maio de 2020
Publicado en Uncategorized | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Montse Muriano Rodríguez e Andrea Maceiras ao vivo!

Montserrat Muriano Rodríguez

Montserrat Muriano Rodríguez é doutora en Filoloxía Hispánica, docente na Facultade de Ciencias da Educación na área de didáctica da lingua e da literatura e implicada en proxectos vencellados coa educación para o desenvolvemento así como na innovación educativa. Alén da súa docencia e investigación está moi activa en redes sociais, especialmente a través da súa conta de Instagram @montsemurianor. É unha gran defensora do potencial das redes no ámbito educativo e, nese sentido, ten presentado varios proxectos de animación á lectura, desenvoltos nas súas materias en diversos congresos e xornadas especializadas en innovación educativa.
Pertence ao Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación.

Ten publicadas monografías e artigos de investigación científica tanto no campo da filoloxía como da educación. En 2019 a editorial Galaxia publica o libro Habitando historias, coordinado por ela, onde reúne os textos de dez autoras e autores que reflexionan sobre a lectura na actualidade e eses “novos modos” de ler, a través das súas propias experiencias.
Arredor do libro e da lectura conflúen voces diversas que proceden do mundo literario, da educación das bibliotecas ou da transmisión oral: Ángeles Abilleira Bardanca, Patricia Carballal, Paula Carballeira, Fina Casalderrey, Francisco Castro, Mercedes Cerdeiras Uría, Érica Esmorís, Eva Mejuto, Montse Pena Presas e Andrea Maceiras, quen nos acompañará no encontro literario e de quen falaremos a seguir.

Montserrat Muriano presenta Habitando Historias
Montse Muriano le un texto de Paula Carballeira.

Andrea Maceiras

Andrea Maceiras é doutora en Filoloxía Hispánica e graduada en Filoloxía Galega pola UDC. Na actualidade é profesora de lingua e literatura no Colexio Plurilingüe Compañía de María.Os seus primeiros recoñecementos como escritora chegaron coa obtención de varios premios de relatos curtos, entre eles o do seu Concello, o de Cambre, o que supuxo un moi bo comezo para a que sería a súa auténtica vocación, a de escritora. A partir de aí moitos son os recoñecementos á súa obra, que sinalamos a continuación:

En 2007 a editorial Xerais publica Proxecto Bolboreta, gañadora do I Certame de Micro novela do Concello de Soutomaior. Con Violeta Tamurana gaña o Cuarto Premio Meiga Moira e  é finalista do Premio da Edición 2010 e do Premio Frei Martín Sarmiento en 2011. En 2012 publica O segredo do lagarto Arnal, Baía Edicións. Coa súa novela Nubes de evolución é finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia en 2011 e gañadora de Fervenzas literarias en 2014. A súa novela Volverás, golfiño, publicada por Xerais en 2014, foi a novela de literatura infantil e xuvenil máis vendida de febreiro dese ano. Miña querida Sherezade foi a gañadora do VI Premio Meiga Moira de Baía Edicións, finalista dos Premios da Edición AGE e Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil de 2014. Europa Express acadou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil de 2015. Obtivo o recoñecido Premio  Lazarillo en 2018 con Conta nove estrelas. Nese mesmo ano publica en Xerais O que sei do silencio, finalista do Premio Raíña Lupa 2017 e que xa vai pola quinta edición; foi traducida ao español e publicada pola editorial Algar en 2020. No ano 2020 recibíu o premio dos Clubs de Lectura das Bibliotecas Escolares, do que a propia autora se sinte moi orgullosa, por ser un recoñecemento outorgado polas propias lectoras e lectores, así como o recoñecido Premio Merlín  de editorial Xerais por A folla azul.

Andrea Maceiras le un anaco da súa obra Conta nove estrelas

Patricia Carballal Miñán é docente na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, na área de Métodos de Ensino da Lingua e a Literatura. Doutora en Estudos Hispánicos, coa tese El teatro de Emilia Pardo Bazán: datos para su historia escénica y para su recepción crítica. A súa investigación está centrada na historia da literatura galega e española, especialmente a literatura infantil e xuvenil e a literatura oral.Ten publicado numerosos estudos teóricos, así como artigos de opinión en prensa, como o xornal Praza pública.

Queres coñecer máis sobre as autoras e a súa obra?

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Rosalía Fernández Rial

ArquivoAELG_DistritoXermarCCbySA30

ArquivoAELG_DistritoXermarCCbySA30

ENCONTRO LITERARIO NO CLUB DE LECTURA NÉBEDA: 19 de novembro de 2020 ás 16 horas

Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988-)

Autora multidisciplinar  da Costa da Morte. Licenciada en Filoloxía e Doutora en didáctica das linguas e expresión dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou acordeón no conservatorio de Carballo e ten formación en arte dramática. Moi vencellada ao teatro, como investigadora e intérprete, facendo parte do Grupo de investigación Calderón de la Barca.

En 2016 defende a súa tese de doutoramento na USC co título Expresión dramática e teatral para a clase de linguas no ensino secundario. Deste proceso de investigación sae tamén o ensaio (libro-DVD) Aulas sen paredes (Positivas, 2016), en que utiliza a expresión dramática e teatral para o ensino e aprendizaxe das línguas. Esta obra acadou o Premio á mellor iniciativa bibliográfica da II Gala do Libro Galego no 2017.

Rosalía é sobre todo poeta, no entanto, a música e a expresión corporal (teatro e performance) son parte importante da súa obra. Así, realiza performances musicais sobre cada un dos seus libros de poesía: En clave de sol (Asociación Cultural Lumieira, 2009); Átonos (Asociación Cultural Lumieira , 2011); Vinte en escena (Positivas, 2012); Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte (Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte , 2012), guía poética pola Costa da Morte, en colaboración con Xan Fernández; Ningún amante sabe conducir (Positivas , 2014); Contra-acción (Neopátria, 2016) ou Sacar a bailar, poesía reunida (2009-2016) (Sial-Pigmalión , 2016). Ten poemas en obras colectivas como Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (Toxosoutos, 2013), Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (A. C. Caldeirón, 2013) ou Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019). Árbores no deserto é o seu último poemario (Galaxia, 2020) e nel rende homenaxe a once mulleres coas que dialoga.

Realiza numerosas accións poéticas con video-poemas e proxectos poético-musicais como ELO, en colaboración con Serxio Moreira. Teñen gravados varios vídeos con poemas extraídos de Vinte en Escena e Ningún amante sabe conducir.

A música tamén está presente na obra narrativa e en 2018 sae do prelo Bonus track (Galaxia, 2018), en que os relatos, en palabras da autora, “son tecidos con letras de cancións e derradeiras esperanzas” (http://editorialgalaxia.gal/produto/bonus-track/)

A súa aposta pola hibridación na creación (poética, plástica, musical, escénica ou performativa) reflíctese, igualmente, na realización de obras en que poesía e artes plásticas dialogan, como é o Catálogo, de obra plástica e poesía, xunto a Paco Souto, Mon Lendoiro e Chiña.

Outro exemplo de hibridación poético-visual é a realizada na peza teatral A lúa, válvula de spray, presentada no último Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) (Outubro, 2020).

Ten publicados relatos curtos en volumes colectivos, como Follas de Carballo (2011) ou Contos de taberna (2014). Colabora como articulista no xornal dixital Praza Pública.

ningun-amante-sabe-conducirNingún amante sabe conducir

(Positivas, 2014)

Os poemas de Ningún amante sabe conducir están dispoñíbeis na canle de Bandcamp da autora.

Sobre esta obra:

Entrevista no programa Zig Zag diario

Comentario de Chus Nogueira na Radio galega

Crítica de X. M. Eyré

Crítica de Ramón Nicolás 

Blogue escolar Trafegando Ronseis

Blogue escolar As Zocas Faladoras

Para coñecer máis sobre Rosalía Fernández Rial e a súa obra:

Entrevistas en Palavra comum

Entrevistada por Ramiro Torres (17 de setembro de 2014)

Entrevistada por Estela Pan Vázquez (23 de agosto de 2018)

Entrevista en Sermos Galiza por Mario Regueira (30 de abril de 2018)

Entrevista para Vértice de Versos, por Carlos Lorenzo:

Entrevista por Montse Dopico (23 de abril de 2014) en Magazine Cultural Galego

Web da autora

Na AELG 

As escollas selectivas

Galipedia

Publicado en Rosalía Fernández Rial, Uncategorized | Etiquetado , | 1 comentario

Fóra de si / SUSO DE TORO

O día 22 de outubro ás 16 horas estaremos en diálogo con Suso de Toro.

“Publicar unha novela é un desafío, un compromiso; é un porse en risco”

(Suso de Toro)

Suso de Toro (Xesús Miguel de Toro Santos) nace en Compostela en 1956. É licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Arte moderna e contemporánea. Docente, escritor, guionista de televisión e colaborador habitual na prensa, así como na radio.

Ten publicados máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio, amais de numerosos artigos en revistas e prensa. A súa obra foi traducida a diversas linguas e deu lugar a unha importante recepción crítica.

Comeza a súa andaina na creación literaria nos anos 70 do século vinte, con textos para o grupo de teatro na rúa “Pepa Loba”. A partir de 1983 comezan os froitos na narración, acadando o Premio Galicia de Literatura da Universidade de Santiago, coa obra Caixón desastre. Seguiralle o libro de relatos Polaroid (Xerais, 1986), co que obtén o Premio da Crítica de Galiza;  En 1988 sae do prelo súa primeira novel, Land Rover (Xerais), traducida a diferentes linguas. Despois de Ambulancia (Xerais, 1990) e Unha pouca cinza (Compostela, 1992) chega en 1993 Tic-Tac (Ediciones B), obra coa que acada o  Premio da Crítica Española, o Premio Arcebispo San Clemente e o Premio dos Libreiros da Coruña. Intercala obras dramáticas como: Unha rosa é unha rosa (Xerais, 1996) ou a literatura xuvenil Conta saldada (Xerais, 1996). Os galardóns continúan e en 1997 recebe o Blanco Amor coa novela Calzados Lola  e, unha vez máis, o Premio da Crítica española con Non volvas: filla da madrugada (Xerais, 2000). En 2002 publica Servicio de urxencias onde recompila algúns dos guións dos episodios da serie homónima de 1989 (primeira serie galega de produción propia). En 2002 sae a novela 13 Badaladas, que foi adaptada ao cine por Xabier Villaverde e acadou o Premio Nacional de Narrativa. A novela Home sen nome (Xerais, 2006), centrada na guerra civil e na memoria histórica, tivo gran repercusión na crítica literaria e foi traducida a varias linguas. Seguen a novela xuvenil Morgún (Xerais, 2003), Sete palabras (Xerais, 2009), Sonámbulos (Xerais, 2014) e Fóra de si (Xerais, 2018).

Destaca, igualmente, a súa obra ensaística: Camilo Nogueira e outras voces: unha memoria da esquerda nacionalista (Xerais, 1991), O país da bretema: unha viaxe no tempo pola cultura celta (El País Aguilar, 2000), a selección de artigos de prensa e conferencias, A Carreira do salmón (Xerais, 2001), a triloxía Nunca Máis: Galiza á intemperie (Xerais, 2003), Españois todos (2004) e Outra idea de España (2005); Madera de Zapatero (2007), Outra Galiza (Xerais, 2008) ou Dentro da literatura (Xerais, 2019), entre outros.

Complétase a súa produción literaria con obras en colaboración e numerosos artigos en prensa (El País, El Mundo ou La Vanguardia) https://www.eldiario.es/autores/suso_de_toro/. É considerado ademais, o autor do primeiro blog escrito en lingua galega, Botelha ao mar, publicado en Blogaliza e tamén nun espazo en El País que pecha en 2014 cunha crítica á política do xornal . Pódense recuperar algúns dos post no arquivo de Blogaliza.

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En 2014 recebe a Creu de Sant Jordi.

Toda a súa obra está fortemente ligada a Galiza (historia, política, economía, sociedade e cultura) e destaca nela a ironía e “retranca”, así como a potente crítica político-social que o converten nun escritor polémico. Outros aspectos salientábeis nos seus libros poden ser a reconstrución da identidade persoal, as contradicións ás que somete a algúns dos seus personaxes, que en ocasións xeran fortes debates internos; a historia familiar, que en ocasións se relaciona co punto anterior; ou o retorno ás orixes, de novo memoria, identidade e historia.

A obra de Suso de Toro da lugar a unha extensa recensión crítica. Ofrecémosche unha selección da mesma.

Algunhas entrevistas realizadas a Suso de Toro:

El País (21/11/2007

El Mundo (13/11/2004

Nueva Revolución (4/01/2019) por Iria Bouzas

Entrevista feita polo alumnado do IES Manuel García Barros

Vídeos

Nós TV (21/02/2018)
Ziz zag diario, entrevista realizada por Pilar García Rego  (13/03/2018)

Fóra de si

“Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento en que rompe con todo o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada” (Xerais)

Exemplares na Biblioteca da UDC

Críticas

Criticalia (Armando Reqeixo)

Caderno da crítica (Ramón Nicolás)

Vigoé (Pedro Feijoo)

Diario de Ferrol (Vicente Araguas)

Diario Cultural (Chus Nogueira)

Faro da Cultura (Dolores Martínez)

O meu andel (Manrique Fernández)

Biblos Club de Lectura

Ferradura en tránsito (Xosé Manuel Eyré)

Máis información sobre o autor

AELG

Biblioteca Virtual Galega

Galipedia

Gustouche o post? Compárteo

Publicado en Uncategorized | 2 Comentarios

curso 2020/2021

En outubro comezaremos as novas sesións do club de lectura, que este ano terá como autoras e autores convidados a: Suso de Toro, Rosalía Fernández Rial, Montserrat Muriano, Andrea Maceiras, Xesús Ron (Chévere) e Alberto S. Santos. Podes consultar o programa completo neste enlace.

É previsíbel que parte dos encontros literarios deban ser virtuais, a través da plataforma Zoom, dada a situación actual de inestabilidade sanitaria por mor da covid-19. Na Biblioteca están xa dispoñíbeis as lecturas.

Como cada ano, concederanse 2 ECTS a todas as persoas matriculadas que lean todas as obras, realicen as actividades e asistan con participación activa a todos os encontros. Se tes interese en apuntarte contacta con nós: inmaculada.doval@udc.gal.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Vanesa Sotelo | Nome: Bonita

fotografia_vanesa sotelo_club lectura

Sala Xohana Torres, 13 de febreiro de 2020, 16 h.

Vanesa Sotelo (Cangas de Morrazo 1981-) é escritora dramática, actriz, directora de teatro e xornalista. Licenciada en dirección de escena pola Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Actualmente dirixe a Revista Galega de Teatro e pedagoga en diferentes organizacións de Galicia e Portugal..

Dramaturga residente no Centro Dramático Galego xunto a Rubén Ruibal e Jacobo Paz en 2008, con eles escribiu Estigma. De novo, en 2009, comparte esa mesma residencia con Gena Baamonde e Eva F. Ferreira, co proxecto Corpo-puta-vaca-berro. Formou parte de varias compañías teatrais: Aula de Teatro da Universidade de Santiago, Amphi-Théâtre compañía francesa, Teatro en el Aramio e Inversa Teatro.

Ten acadado numerosos premios: IV Certame Diario Cultural de Teatro Radiofónico con Indoor (2010),  XIII Premi Josep Robrenyo con Memoria do Incendio e o  VI Premio Abrente de Textos Teatrais con Campo de covardes (2011). En 2014 foi seleccionada dentro do III Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales do INAEM con Nome:Bonita, que acadou o Premio Mondoñedo 10 na modalidade de teatro (2018). En 2014 participou no proxecto dramatúrxico internacional 365 Women a Year con O retrato da sibila, no que recrea a figura da pintora Maruxa Mallo.

Ten escritas e publicadas máis dunha ducia de obras, algunhas premiadas e parte levadas á escena:

2018. Laica. Estrea no Auditorio, Cangas do Morrazo.  Publicada en Grial, Revista Galega de Cultura nº 218

2017. Índigo. Estrea (Lectura) Ciclo ‘Las funciones por hacer’, El Pavón Teatro Kamikaze, Madrid

2016. Os mares de Caronte

2015. O retrato da Sibila. Publicada por Ediciones Antígona

2014. Nome: Bonita. Dentro do III Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales. Premio Mondoñedo 10 na modalidade de teatro.Pódese descargar na web da Muestra de Teatro de Autores Contemporáneos muestrateatro.com

2013. Eurívoros. Estrea en Banqueiros, publicada na Editorial Laiovento, 2013

2012. Frontera. Acotaciones, 2012

2011. Campo de covardes.  Premio Abrente de Textos Teatrais 2011. Publicada por Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2012

2010. Kamouraska.  Estrea en Cangas do Morrazo, 2010.  En Dramaturgas del siglo XXI, Editorial Cátedra, 2014

2010. Memoria do incendio. XIII Premi Josep Robrenyo
Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2012

2010. Indoor. Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico 2010
Edicións Xerais, 2010

2009. Timisoara. Editorial Laiovento, Caderno Novos Autores II

2008. Estigma. Estrea  no Salón Teatro, Santiago de Compostela
Editorial Laiovento, 2009

2007. Panóptico. Revista Madrygal, 2008

2003. Azotea. Estrea na Sala Nasa, Santiago de Compostela
Revista Galega de Teatro, nº 39

“Incomunicación, silencio, muller, memoria, violencia…” son os temas que Vanesa recoñece na súa obra.

Nome: Bonita

1-0Créase dentro do III Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales en 2014 e en 2018 acada o Premio Mondoñedo 10 na modalidade de teatro. Trátase dunha obra que paira arredor das mulleres guerrilleiras, bandoleiras ou cangaçeiras, mulleres represaliadas, que loitan en Galicia, Portugal ou Brasil. A violencia e a memoria son piares sobre os que se asenta a súa obra, que nesta ocasión está, asemade, escrita con idea de establecer pontes coa lusofonía, con saltos temporais e espaciais e, ao tempo, con ligacións entre eles. O xurado do Premio Mondoñedo 10, salientou na obra unha lembranza de Álvaro Cunqueiro dado o seu potente lirismo.

Pódese descargar na web da Muestra de Teatro de Autores Contemporáneos.

Máis información sobre Vanesa Sotelo e a súa obra:

Contexto teatral

Entrevista no Diario cultural 14/11/2018

Entrevista realizada polo Centro de Documentación Teatral (2011), resposta a pregunta de Eduardo Pérez-Rasilla sobre o proceso de creación.


Estigma
Producción: Centro Dramático Galego
Autoría: Jacobo Paz, Rubén Ruibal y Vanesa Sotelo. Dirección: Dani Salgado. Escenografía y vestuario: Joan Galí. Iluminación: Baltasar Patiño. Intérpretes: Xavier Deive, Xosé Manuel Esperante, Clara Gayo, Vicente de Souza y María Tasende Cotelo. Estreno: 2 de mayo de 2008 en el Salón Teatro de Santiago de Compostela (A Coruña).

Publicado en teatro, Uncategorized, Vanesa Sotelo | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Naciso de Gabriel / Elisa e Marcela

Nebeda_Narciso de Gabriel_2019

O xoves 12 de decembro compartiremos con Narciso de Gabriel o noso club de lectura. Con el falaremos sobre a súa obra Elisa e Marcela. Amigas e amantes (Xerais, 2019). Será ás 16 horas na sala Xohana Torres.

Narciso de Gabriel é pedagogo, ensaísta e catedrático de Teoría e Historia da Educación na Universidade da Coruña. Exerce como profesor na Facultade de Ciencias da Educación. Como investigador ten publicado libros e artigos sobre historia da educación en Galicia, sendo as súas liñas de investigación: escolarización e alfabetización, cultura escolar popular, escolarización e práctica lingüística en Galicia.

Ten acadado premios polo seu traballo como investigador: o Premio de Investigación María Barbeito da Universidade de Santiago no 2001, coa obra Escolantes e escolas de ferrado; o Premio de Investigación Losada Diéguez no 2002, por Escolantes e escolas de ferrado ou o Premio de Investigación Concepción Arenal no 2006, por Ler e escribir en Galicia.

Amais das citadas, ten publicadas as obras: Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural (Universidade de Santiago de Compostela, 1989), Elisa e Marcela. Alén dos homes (Nigraterra, 2008), Elisa e Marcela. Amigas e amantes (Xerais, 2019) e Xosé María Álvarez Blázquez. Mestre republicano. Diario escolar e desterro (Xerais, 2019).

Tamén participa en obras colectivas e publicou numerosos artigos en revistas científicas. Deixámosvos un documento coas referencias bibliográficas das súas obras publicadas até o día de hoxe.

Portada-Voz-Galicia-publicaron-matrimonio_EDIIMA20190605_0839_20-213x300Foi esta labor investigadora a que o levou a seguir a pegada de Elisa e Marcela, dúas mulleres que se revelaron contra a sociedade patriarcal e que hoxe son modelo paradigmático para estudos sobre travestismo, lesbianismo ou hermafroditismo, así como por seren as primeiras, coñecidas até hoxe, en levar a cabo un “casamento sen home” en España (no ano1901); porén está documentado un casamento con dous homes no ano 1061 en Rairiz de Veiga.

O traballo científico realizado por Narciso de Gabriel, meticulosamente documentado, abriu portas a novas análises e deu lugar á publicación de obras de creación sobre a vida destas dúas mulleres, mestras e pioneiras en rebentar as normas sociais machistas e heteropatriarcais. Así temos o filme de Isabel Coixet, Elisa y Marcela, que protagonizan Natalia de Molina e Greta Fernández ou a novela Amantes de Buenos Aires, de Alberto S. Santos, escritor e profesor na Universidade do Porto. Iniciáronse tamén iniciativas como o premio Marcela e Elisa, fundado polo colectivo Milhomes e apoiado pola FELGTB.

Igualmente, a partir da publicación do ensaio de Narciso de Gabriel, comezaron a aparecer  artigos en prensa e revistas académicas sobre Elisa e Marcela. Podedes ler aquí unha selección dos mesmos:

Alvarez Pino, A. (2018). Enredo pola liberdade: Reflexión a partir da montaxe “elisa e marcela”, da compañía de teatro A panadaría. Grial: Revista Galega De Cultura, 56(217), 110-114.

Esparza, P. (11 de novembro de 2016). La fascinante historia de Marcela y Elisa, las pioneras lesbianas que se casaron en España (y tuvieron que huir a Argentina). BBC Mundo. Disponíbel en https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-37946980

Ballarín Domingo, P. (2011). Recensión de Gabriel, narciso de: Elisa y Marcela. más allá de los hombres. Barcelona, editorial libros del silencio, 2010. Arenal: Revista de historia de mujeres, 18(2),  483-485.

Fernández, C. (8 de xuño de 2001). La primera boda sin hombre. La Voz de Galicia. Disponíbel en https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2001/06/08/primera-boda-hombre/0003_603476.htm

Freire, E. (7 de xuño de 2006). Marcela y Elisa: Maestras náufragas. Campus. Disponíbel en https://www.elmundo.es/suplementos/campus/2006/460/1149693623.html

Gabriel Fernández, N. d. (2012). Elisa e marcela. homosexualidade e homofobia. Revista Galega De Educación, (54), 53-55. Disponíbel en https://dialnet.unirioja.es/servlet/extart?codigo=4077064

March, K. N. (1989). Festa da palabra. New York u.a: Lang. Disponíbel en https://dialnet.unirioja.es/servlet/extart?codigo=3890252

Martiño, Henrique (22 de outubro de 2016). Marcela y Elisa, las únicas lesbianas que se casaron por la Iglesia. Público. Disponíbel en https://www.publico.es/sociedad/marcela-elisa-matrimonio-lesbianas-gay.html

Martiño, Henrique (5 de novembro de 2016). El trágico destino de Marcela y Elisa, las únicas lesbianas casadas por la Iglesia: ¿suicidio o cáncer terminal?. Público. Disponíbel en https://www.publico.es/sociedad/marcela-elisa-lesbianas-suicidio-muerte.html

Ponga, P. (2019). Inéditos VOD, A las que se aman. Fotogramas & DVD: La Primera Revista De Cine, (2108), 107-109. Disponíbel en https://dialnet.unirioja.es/servlet/extart?codigo=6954944

Ramírez, Cristóbal (14 de marzo de 2010). Marcela y Elisa, casadas en 1901. El País. Disponíbel en https://elpais.com/diario/2010/03/14/eps/1268551610_850215.html

 

Publicado en Narciso de Gabriel Fernández, Uncategorized | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Emma Pedreira e Besta do seu sangue

Comezamos este novo curso con narrativa, coa novela Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, con quen nos reuniremos para debater sobre a figura de Manuel(a), os conflitos de identidade, a sociedade do seu tempo, os lobishomes, as lobismulleres, a nosa mitoloxía, a linguaxe poética da autora,  e tantas outras cuestións que seguramente saian trala lectura da obra.

Nebeda_EmmaPedreiraEmma Pedreira é licenciada en Filoloxía hispánica, poeta e narradora. Ten acadado numerosos premios literarios pola súa obra, entre os que está o Premio Johán Carballeira (1998 e 2000), por Diario bautismal dunha anarquista morta e Velenarias; o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2018, por As voces ágrafas, o Premio Xerais de novela en 2018, por Besta do seu sangue ou, en 2019, o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil  por Os corpos invisibles.

Con doce libros de poesía, seis de narrativa, publicacións infantís e xuvenís e numerosas colaboracións en obra colectiva, é unha das autoras galegas de maior traxectoria literaria na actualidade. As súas obras publicadas son:

Poesía: Diario bautismal dunha anarquista morta (1999), Grimorio (2000), Corpo (2001), As posturas do día (2001), Velenarias (2001), Os cadernos d’amor e os velenos (2002), Casa de orfas (2006), Xoguetes póstumos (2010), Antítese da ruína (2011), Libro das mentiras (2012), s/t (2015), Bífida (2016), Antídoto (2018).

Narrativa: Bestiario de silencios (2001), As cinzas adentras (2004), Corazón e demais tripas (2016), Bibliópatas e fobólogos (2017), Besta do seu sangue (2018) e As fauces feroces (2019).

Literatura infantil e xuvenil: Os corpos invisibles (2019).

Forma parte da plataforma de crítica literaria A Sega, é así unha das segadoras que loitan por unha crítica feminista e que tire da sombra ás mulleres das letras.

En 2019 Daniel Chapela, Beatriz Pereira e Sara Piñeiro presentan o documental O des-en-freo, sobre Emma Pedreira, no que teñen voz moitas amigas e amigos da autora, como Eli Ríos, María Lado, Miriam Ferradáns, Susana Sánchez Arins, Lucía Novas, Quico Valeiras, Antía Marante ou David Cortizo.

collage_EmmaTamén é collagista e nesta liña ten series como O fotógrafo, onde nos achega á súa memoria e, con ela, a toda unha lembranza colectiva, a da ditadura, o poder e a represión, que, materializada en imaxe polo seu avó, é agora fragmentada e (re)creada nun crebacabezas de fotografías, cartas e poemas. Esta mostra pode visitarse na Biblioteca até o 31 de outubro.

Outra serie sería a de skincollage que podemos ver nas súas publicacións das redes sociais.

Para coñecer máis sobre Emma Pedreira:

Ficha na AELG

Entrevista na revista Palavra Comum (20/04/2017)

Entrevista realizada por Montse Dopico en Plaza Pública (3/11/2018)

t_1539812169935BestaSobre Besta do seu sangue e as lecturas paralelas de Emma na súa construción

Crítica de X.M. Eyré (12/12(2018)

Crítica de Ramón Nicolás (3/12/2018)

Lobismuller, de Laia Abril – artigo en El Pais

Lobismuller / Laia Abril from Editorial RM on Vimeo.

 

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Palavra comum: encontro em torno da literatura com Francisco X. Fernández naval e Pedro Erias

Dentro do acordo de colaboración do Club de lectura Nébeda e o Clube de leitura da Universidade do Porto está este encontro a dúas voces entre Francisco X. Fernández Naval e Pedro Erias na Universidade do Porto o día 15 de maio.

clube de leitura_palavra comum

Publicado en Francisco X. Fernández Naval, Pedro Eiras, Uncategorized | Etiquetado | Deixar un comentario