Eva Mejuto e A ladroa da Biblioteca de Meirás

O xoves 23 de marzo teremos unha cita con Eva Mejuto, con quen falaremos arredor a súa última obra para público xuvenil, A ladroa da biblioteca de Meirás. Será ás 16 h na sala Xoana Torres da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación.

Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) é escritora, xornalista, editora literaria e tradutora. Doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa tese versa sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Foi docente na Universidade de Vigo dentro do mestrado “Libro Ilustrado e Animación Audiovisual” da facultade de belas artes.

No eido editorial traballou inicialmente en Kalandraka, desde 1998 até 2004 e posteriormente en OQO Editora, até 2018, cando se une ao Proxecto Capicúa de xestión cultural.

Como autora de creación literaria, a súa especialidade é a LIX (literatura Infantil e Xuvenil) onde ten publicada máis dunha ducia de obras, entre albumes ilustrados e novela xuvenil. Na literatura infantil comeza coa publicación en 2002 da obra A casa da mosca chosca, do selo editorial Kalandraka, ilustrado por Sergio Mora. Trátase dunha adaptación dun conto popular ruso e que tivo un grande suceso no noso país, mesmo foi traducido ao catalán, éuscaro, castelán,, portugués, inglés e italiano.

Nese mesmo ano, tamén da man de Kalandraka, sae Rato de campo e rato de cidade ilustrado por Kiko da Silva e traducido ao castelán. Da mesma editora é O zapateiro e os trasnos (2003), ilustrado por Elia Maneiro. Nos seus seguintes albumes tirará tamén da tradición popular, do conto e da canción, así chegarán, da man de OQO edicións:  Corre, corre, cabaciña (2006), ilustrado por André Letria, Tres desexos (2007), con ilustracións de Gabriel Pacheco; e Maruxa (2014), ilustrado por Mafalda Milhoes.

En 2017 dá o salto á literatura xuvenil con 22 segundos, publicado por Xerais, na colección Fóra de xogo. Nesta obra, a autora aproxímase ás identidades silenciadas, á adolescencia e a transexualidade, a través da voz de Alex. Podes ler a recensión feita por David González Domínguez.

Que significa “trans”? E “género nom-binário”? + 22 SEGUNDOS — Eva Mejuto
Nee Barros

En 2019 chega a segunda obra para público xuvenil, Memoria do silencio, tamén en Xerais e na Colección Fóra de Xogo. Nesta ocasión, estamos ante unha trama histórica internacional, ambientada en Ribadavia na IIGM e as protagonistas as irmás Touceda, quen salvaron da morte a moias persoas xudeas que chegaban de Portugal; unha novela a tres voces onde, de novo o silencio, ten o seu acubillo no papel, no noso pasado. A novela foi finalista do Premio Jules Verne. Sobre esta novela é interesante a entrevista realizada por Monse Dopico para Praza (05/03/2019)

Continuará nos anos seguintes co publicación de obra infantil en Xerais: Dez gatiñas viaxeiras (2019), con ilustracións de Víctor Rivas, na  Colección Pequeno Merlín; A lavandeira de San Simón (2020), na colección Pequena memoria, ilustrado por Bea Gregores. Neko  (2021). Con estas dúas últimas obras acadou por dous anos consecutivos o premio Follas Novas, na primeira ocasión á mellor iniciativa bibliográfica (2021) e na segunda ao mellor libro infantil (2022). Tamén ilustrados por Bea Gregones son: Oqueleo. E Cando leo (2022).

O ano 2022 é productivo e cheo de galardóns, así, acadará o XIV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade para rapazada, por Os contos do Lobicán.

É neste mesmo ano cando a editorial Xerais publica A ladroa da biblioteca de Meirás (2022). A autora creou unha páxina web onde engade moitos documentos da súa investigación para a construción do libro. Como ela mesma indica, é un complemento do libro, que engade información e pode acompañar na súa lectura. Nela tedes lecturas da obra, vídeos con conversas sobre o pazo de Meirás.

O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros Á familia roubáranlle a casa para facer a residencia de verán do Xeneralísimo, así que estaba no seu dereito. E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro…

Eva Mejuto (A ladroa da biblioteca de Meirás)

Deixamos aquín un par de recensións realizadas por dúas Bookstagramers: Lúa Soto e Littera-Lupa:

Recensión de Lúa Souto en Instagram
Recensión de Littera-lupa en Instagram

O compromiso de Eva Mejuto por dar voz a aquelas persoas que, por cuestións de orientación sexual, son vítimas da represión social ou política, lévaa á publicaión da obra biográfica Memoria diversa, editado pola Deputación da Coruña (2022). 

Tamén de Xerais é a súa última obra publicada, O día que choveron gatos (2023), ilustrado por  Susana Suniaga, finalista nos premios Merlín de 2021.

Participa en obras colectivas: salientamos a coletánea Contos sen fronteiras, publicado pola Xunta de Galicia en 2007;  o DVD Los cuentos del camino (2013);  os Minilibros imperdibles 1 (2016),  de  Kalandraka e o CD-Son Camiños (2017), de  Magín Blanco; ou o ensaio Libro obxecto e xénero: estudos ao redor do libro infantil como artefacto, da Universidade de Vigo (2019).

Se queres coñecer máis sobre a súa obra podes visitar os seguinte enlaces e vero o contido que hai en formato vídeo na rede:

Entrevista de Rui Castro para Sermos Galiza (27/06/2017)

Lectura de “22 segundos” por su autora, Eva Mejuto
El libro álbum en tiempos de conflicto, por Eva Mejuto [FILIJ 2017]
Advertisement
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s