Eu son Exeria. Marisa Vidal Collazo e Sole Pite Sanjurjo

O día 20 de outubro ás 16 horas daremos inicio a unha nova edición do noso club de lectura Nébeda. Nesta ocasión teremos como convidada a Marisa Vidal Collazo de quen leremos a obra que realizou en colaboración con Sole Pite Sanjurjo (autora das ilustracións), Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV.

Marisa Vidal Collazo é licenciada en Química pola universidade de Santiago de Compostela e diplomada en Ciencias Relixiosas na Universidade Pontificia de Comillas. Actualmente imparte docencia nun instituto de Vilagarcía.

É presidenta da asociación Mulleres Cristiás Galegas «Exeria», participa na Rede Galega en apoio a Persoas refuxiadas, na Red Miriam e na Asociación de Teólogas Españolas.

Ten publicados numerosos artigos na revista Encrucillada sobre teoloxía feminista, que teñen a ver coa necesidade dun cambio no pensamento cristiá que involucre, de xeito activo, ás mulleres na igrexa. Nesta revista forma parte do seu consello de redacción. Colaboradora habitual de Irimia, Andaina e de Nós Diario.

«As mulleres queremos formar parte da toma de decisións na Igrexa»

Marisa Vidal Collazo

Recentemente vén de publicarse o libro Revuelta de las mujeres en la iglesia (La Imprenta, 2020), do que é co-coordinadora. Este libro e que é imprescindíbel para entender o movemento das mulleres na igrexa, un ensaio sobre o traballo desenvolvido polo feminismo cristiá para cambiar a igrexa desde dentro.

Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV (Galaxia, 2022), achéganos á viaxe realizada por Exeria, Eteria, Arteria, Geria, Ætheria ou Etheria, figura senlleira da Galaecia, tal vez a primeira escritora galega, quen deixou escrito un diario, en forma epistolar, da súa pelegrinaxe a Terra santa, Itinerarium Egeriae. Marisa Vidal introdúcese non só neste periplo, senón tamén na propia voz de Exeria e con ela reflexiona sobre os cambios que se produciron na igrexa desde aquel primeiro cristianismo, na sororidade e no que se vén en denominar hermenéutica da sospeita.

A obra conta coas marabillosas acuarelas de Soledad Pite Sanjurjo, autora multidiscipñinar, artista plástica e poeta, quen nos ofrece unha representación imaxinada de Exeria.

Ler máis sobre Marisa Vidal Collazo:

Teoloxía feminista. Azos para o empoderamento (Nós Diario, 19/08/20)

É posible ser cristiá e feminista? (Nós Diario, 29/02/20)

La Voz de Galicia (15/03/2021)

Praza (14/04/2022) (Ana G. Liste)

Presentación de Eu son Exeria ( 26 de abril de 2022 no Espazo Nemonon)

Recensións

Caderno da Crítica de Ramón Nicolás (30/04/2022)

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s