Fóra de si / SUSO DE TORO

O día 22 de outubro ás 16 horas estaremos en diálogo con Suso de Toro.

“Publicar unha novela é un desafío, un compromiso; é un porse en risco”

(Suso de Toro)

Suso de Toro (Xesús Miguel de Toro Santos) nace en Compostela en 1956. É licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Arte moderna e contemporánea. Docente, escritor, guionista de televisión e colaborador habitual na prensa, así como na radio.

Ten publicados máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio, amais de numerosos artigos en revistas e prensa. A súa obra foi traducida a diversas linguas e deu lugar a unha importante recepción crítica.

Comeza a súa andaina na creación literaria nos anos 70 do século vinte, con textos para o grupo de teatro na rúa “Pepa Loba”. A partir de 1983 comezan os froitos na narración, acadando o Premio Galicia de Literatura da Universidade de Santiago, coa obra Caixón desastre. Seguiralle o libro de relatos Polaroid (Xerais, 1986), co que obtén o Premio da Crítica de Galiza;  En 1988 sae do prelo súa primeira novel, Land Rover (Xerais), traducida a diferentes linguas. Despois de Ambulancia (Xerais, 1990) e Unha pouca cinza (Compostela, 1992) chega en 1993 Tic-Tac (Ediciones B), obra coa que acada o  Premio da Crítica Española, o Premio Arcebispo San Clemente e o Premio dos Libreiros da Coruña. Intercala obras dramáticas como: Unha rosa é unha rosa (Xerais, 1996) ou a literatura xuvenil Conta saldada (Xerais, 1996). Os galardóns continúan e en 1997 recebe o Blanco Amor coa novela Calzados Lola  e, unha vez máis, o Premio da Crítica española con Non volvas: filla da madrugada (Xerais, 2000). En 2002 publica Servicio de urxencias onde recompila algúns dos guións dos episodios da serie homónima de 1989 (primeira serie galega de produción propia). En 2002 sae a novela 13 Badaladas, que foi adaptada ao cine por Xabier Villaverde e acadou o Premio Nacional de Narrativa. A novela Home sen nome (Xerais, 2006), centrada na guerra civil e na memoria histórica, tivo gran repercusión na crítica literaria e foi traducida a varias linguas. Seguen a novela xuvenil Morgún (Xerais, 2003), Sete palabras (Xerais, 2009), Sonámbulos (Xerais, 2014) e Fóra de si (Xerais, 2018).

Destaca, igualmente, a súa obra ensaística: Camilo Nogueira e outras voces: unha memoria da esquerda nacionalista (Xerais, 1991), O país da bretema: unha viaxe no tempo pola cultura celta (El País Aguilar, 2000), a selección de artigos de prensa e conferencias, A Carreira do salmón (Xerais, 2001), a triloxía Nunca Máis: Galiza á intemperie (Xerais, 2003), Españois todos (2004) e Outra idea de España (2005); Madera de Zapatero (2007), Outra Galiza (Xerais, 2008) ou Dentro da literatura (Xerais, 2019), entre outros.

Complétase a súa produción literaria con obras en colaboración e numerosos artigos en prensa (El País, El Mundo ou La Vanguardia) https://www.eldiario.es/autores/suso_de_toro/. É considerado ademais, o autor do primeiro blog escrito en lingua galega, Botelha ao mar, publicado en Blogaliza e tamén nun espazo en El País que pecha en 2014 cunha crítica á política do xornal . Pódense recuperar algúns dos post no arquivo de Blogaliza.

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En 2014 recebe a Creu de Sant Jordi.

Toda a súa obra está fortemente ligada a Galiza (historia, política, economía, sociedade e cultura) e destaca nela a ironía e “retranca”, así como a potente crítica político-social que o converten nun escritor polémico. Outros aspectos salientábeis nos seus libros poden ser a reconstrución da identidade persoal, as contradicións ás que somete a algúns dos seus personaxes, que en ocasións xeran fortes debates internos; a historia familiar, que en ocasións se relaciona co punto anterior; ou o retorno ás orixes, de novo memoria, identidade e historia.

A obra de Suso de Toro da lugar a unha extensa recensión crítica. Ofrecémosche unha selección da mesma.

Algunhas entrevistas realizadas a Suso de Toro:

El País (21/11/2007

El Mundo (13/11/2004

Nueva Revolución (4/01/2019) por Iria Bouzas

Entrevista feita polo alumnado do IES Manuel García Barros

Vídeos

Nós TV (21/02/2018)
Ziz zag diario, entrevista realizada por Pilar García Rego  (13/03/2018)

Fóra de si

“Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento en que rompe con todo o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada” (Xerais)

Exemplares na Biblioteca da UDC

Críticas

Criticalia (Armando Reqeixo)

Caderno da crítica (Ramón Nicolás)

Vigoé (Pedro Feijoo)

Diario de Ferrol (Vicente Araguas)

Diario Cultural (Chus Nogueira)

Faro da Cultura (Dolores Martínez)

O meu andel (Manrique Fernández)

Biblos Club de Lectura

Ferradura en tránsito (Xosé Manuel Eyré)

Máis información sobre o autor

AELG

Biblioteca Virtual Galega

Galipedia

Gustouche o post? Compárteo

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to Fóra de si / SUSO DE TORO

  1. xa me gustaría ir,
    espero que poida
    un saúdo
    Juan José
    ________________________________

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s