Emma Pedreira e Besta do seu sangue

Comezamos este novo curso con narrativa, coa novela Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, con quen nos reuniremos para debater sobre a figura de Manuel(a), os conflitos de identidade, a sociedade do seu tempo, os lobishomes, as lobismulleres, a nosa mitoloxía, a linguaxe poética da autora,  e tantas outras cuestións que seguramente saian trala lectura da obra.

Nebeda_EmmaPedreiraEmma Pedreira é licenciada en Filoloxía hispánica, poeta e narradora. Ten acadado numerosos premios literarios pola súa obra, entre os que está o Premio Johán Carballeira (1998 e 2000), por Diario bautismal dunha anarquista morta e Velenarias; o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2018, por As voces ágrafas, o Premio Xerais de novela en 2018, por Besta do seu sangue ou, en 2019, o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil  por Os corpos invisibles.

Con doce libros de poesía, seis de narrativa, publicacións infantís e xuvenís e numerosas colaboracións en obra colectiva, é unha das autoras galegas de maior traxectoria literaria na actualidade. As súas obras publicadas son:

Poesía: Diario bautismal dunha anarquista morta (1999), Grimorio (2000), Corpo (2001), As posturas do día (2001), Velenarias (2001), Os cadernos d’amor e os velenos (2002), Casa de orfas (2006), Xoguetes póstumos (2010), Antítese da ruína (2011), Libro das mentiras (2012), s/t (2015), Bífida (2016), Antídoto (2018).

Narrativa: Bestiario de silencios (2001), As cinzas adentras (2004), Corazón e demais tripas (2016), Bibliópatas e fobólogos (2017), Besta do seu sangue (2018) e As fauces feroces (2019).

Literatura infantil e xuvenil: Os corpos invisibles (2019).

Forma parte da plataforma de crítica literaria A Sega, é así unha das segadoras que loitan por unha crítica feminista e que tire da sombra ás mulleres das letras.

En 2019 Daniel Chapela, Beatriz Pereira e Sara Piñeiro presentan o documental O des-en-freo, sobre Emma Pedreira, no que teñen voz moitas amigas e amigos da autora, como Eli Ríos, María Lado, Miriam Ferradáns, Susana Sánchez Arins, Lucía Novas, Quico Valeiras, Antía Marante ou David Cortizo.

collage_EmmaTamén é collagista e nesta liña ten series como O fotógrafo, onde nos achega á súa memoria e, con ela, a toda unha lembranza colectiva, a da ditadura, o poder e a represión, que, materializada en imaxe polo seu avó, é agora fragmentada e (re)creada nun crebacabezas de fotografías, cartas e poemas. Esta mostra pode visitarse na Biblioteca até o 31 de outubro.

Outra serie sería a de skincollage que podemos ver nas súas publicacións das redes sociais.

Para coñecer máis sobre Emma Pedreira:

Ficha na AELG

Entrevista na revista Palavra Comum (20/04/2017)

Entrevista realizada por Montse Dopico en Plaza Pública (3/11/2018)

t_1539812169935BestaSobre Besta do seu sangue e as lecturas paralelas de Emma na súa construción

Crítica de X.M. Eyré (12/12(2018)

Crítica de Ramón Nicolás (3/12/2018)

Lobismuller, de Laia Abril – artigo en El Pais

Lobismuller / Laia Abril from Editorial RM on Vimeo.

 

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s