O autor portugués Pedro Eiras estará con nós o 11 de abril, acompañado de Franciasco X. Fernández Naval.

O día 11 de abril, xoves, teremos con nós a Pedro Eiras, autor portugués, con quen falaremos da súa obra Bach. Estará acompañado polo tamén autor, galego, Francisco X. Fernández Naval. Esta actividade forma parte do intercambio literario que o noso club realiza con clube de lectura da Facultade de Engenheria da Universidade do Porto. A sesión será ás 17 horas.sexenios 2018

A traxectoria literaria de ambos é inmensa, no primeiro caso, especialmente no ensaio, teatro e romance; e no segundo poesía, narrativa e conto; mais os dous experimentan con todos os xéneros. Tivemos a oportunidade de conversar con Francisco X. Fernández Naval no primeiro ano do noso club de lectura, arredor da súa obra sobre Cortázar, e agora regresa para establecer un diálogo con Pedro Eiras e con nós.

Nebeda_Pedro_Eiras_Lia Eiras

©Lia Eiras

Pedro Eiras nace no Porto en 1975. Doutórase en Literatura portuguesa na Facultade de letras da Universidade do Porto, onde hoxe exerce como profesor de literatura comparada e investigador do Instituto de Literatura Comparada Margarida Losa. Como escritor ten publicados libros de ensaio sobre literatura portuguesa dos séculos XX e XXI, estudos literarios, teatro e romance. Entre as súas obras destacan:

Ensaio: Com Esquecer Fausto (Prémio Pen Clube Português de Ensaio, 2005), A Moral do Vento. Ensaio sobre o corpo em Gonçalo M. Tavares (2006), A Lenta Volúpia de Cair (2007), Tentações. Ensaio sobre Sade e Raul Brandão (2009), Um certo pudor tardío: ensaio sobre os “poetas sem qualidades” (2011), Os Ícones de Andrei – Quatro diálogos com Tarkovsky (2012), A Vida Repercutida. Uma leitura da poesia de Gastão Cruz (com Luis Maffei) (2012), Constelações – Ensaios comparatistas (2013), Como se Faz um Jogo das Comunidades?,  2014), Platão no Rolls-Royce – Ensaio sobre literatura e técnica (2015), Cartas Reencontradas de Fernando Pessoa a Mário de Sá-Carneiro  (2016), Alumiação. Ensaio sobre poesia, visão e cegueira (com Susana Paiva, fotografia) (2016), Constelações 2. Estudos comparatistas  (2016), Ensaio sobre os Mestres (2017), O Riso de Momo – Ensaio sobre Pedro Proença (2018).

Teatro: Antes dos Lagartos (2001), Passagem (2002), Um Forte Cheiro a Maçã (2003), Recitativo dos Livros do Deserto (2004), As Sombras (2005), Um Punhado de Terra (2009), Bela Dona e outros monólogos (2012) ou Teatro Ie II, Húmus (2014).

Narrativa: Anais de Pena Ventosa (2001), Os Três Desejos de Octávio C.(2008), Estiletes (2001), A Cura (2013, 2017) e Bach (2014).

Ten tamén crónicas (Boomerang, 2009 e Substâncias Perigosas, 2010) e textos en catálogos de exposicións (Arrastar Tinta, com Nuno Barros, pintura, 2008).

Igualmente, publicou numerosos artigos en revistas de literatura.

A poesía, o corpo, a pintura, a fotografía, o cine e a música son os grandes temas arredor dos que xira toda a súa obra. Así, a obra que o club escolleu para a súa análise e conversa é Bach, publicado por Assírio & Alvim en 2014, libro de relatos no que o compositor e poeta de Leipzig serve de fío condutor entre varias narracións sen que entre elas teñamos una unión temporal. Non estamos ante un libro sobre a vida ou a obra de Bach, senón que o que o autor nos presenta é a pegada que el deixou sobre diferentes persoas. Achegámonos así a Ana Magdalena, a última esposa de Bach; Esther Meynell, autora da obra The Little chronicle of Anna Magdalena Bach (1925); Jean-Marie Straub e Danièle Huillet, que filmaron a Crónica de Ana Magdalena Bach; Gustav Leonhardt, quen, xunto a Nikolaus Harnoncourt, realizou a gravación de todas as cantatas de Bach; Glenn Gould, pianista e intérprete da obra de Bach; o artista total John Cage; Lieibniz, filósofo, matemático e bibliotecario  contemporáneo do compositor; a escritora portuguesa Maria Gabriela Llansol; o teólogo Martín Lutero, de quen Bach tomou o texto de tres das súas cantatas; Xesús de Nazareth; Etty Hillesum, xudea, autora dun diario persoal durante o holocausto; e finalmente, o médico e músico alemán Albert Schweitzer. A obra complétase cunha interesante bibliografía sobre cada capítulo. Trátase dun intento de diálogo entre a palabra e a música, mais como el mesmo indica “a música permanece inacessível, não posso dizê-la” (Bach: 32).

Para coñecer máis sobre Pedro Eiras e a súa obra:

Entrevista realizada por Ramiro Torres a Pedro Eiras na revista Palabra comum (9 de xuño de 2016).

Recensión da obra Bach realizada por Alexandre Andrade.

Algúns artigos e recensións:

Frías, J. M. (2016). ‘Antigas vozes, assinaturas’ : As bachianas de Pedro Eiras. Colóquio: Letras, (191), 203-208.

Maffei, L. (2018). Pedro Eiras. constelações 2. ensaios comparatistas. porto, instituto de literatura comparada margarida losa, edições afrontamento, 2016. Colóquio: Letras, (197), 268-271.

Quintais, L. (2017). Pedro Eiras ou o espaço negativo da ficção. Colóquio: Letras, (194), 203-211.

Vicente, J. (2017). (Mis)Understanding Bach: Fiction, Art and Resistance. Portuguese Studies, 33(2), 185-201. Doi 10.5699/portstudies.33.2.0185.

A obra Bach está chea de referencias a diferentes personalidades da historia, música, cine, filosofía e arte. Engadimos a seguir algúns enlaces que nos axudan a seguir o fío das narracións:

Crónica de Ana Magdalena Bach (1968), de Jean-Marie Straub e Danièle Huillet

Sobre o filme, que inclúe documental sobre o rodaxe da película

A película está disponible na biblioteca, consultar catálogo.

Entrevista de Jean-Marie Straub e Danièle Huillet a Gustav Leonardt

Escoitar as pezas de Bach referenciadas na obra.

Goldberg Variations BWV 988 (Glenn Gould, 1981)

chisco_maribel

©Maribel Longueira

Francisco X. Fernández Naval nace en Ourense en 1956. O lugar e a data de nacemento marcan o contexto e a temática de moitas das súas obras, nas que o espazo se relaciona con aquel da nenez, son as paisaxes ourensás as que envolven novelas e poemas, xunto co mar; e é a memoria, individual e colectiva, o tema da guerra civil, elemento clave na narración e poética do autor. Licenciado en filosofía e Ciencias da Educación e escritor, ten publicadas seis novelas, unha ducia de libros de poemas, numerosos libros infantís e xuvenís, relatos, ensaio, pezas teatrais, guías de viaxes, guións para series de televisión e artigos de revista. Parte da súa produción literaria foi traducida a outras linguas e algúns dos seus poemas foron musicados (Mar de Lira). Acadou numerosos premios pola súa obra. Participa, con frecuencia, en congresos e festivais literarios internacionais.

Deixamos unha relación das súas obras principais:

Narrativa:

O bosque das antas (1988), Tempo de crepúsculo (1993), Sombras no labirinto (1997), Sete noites e un amencer (2003), Unha cita co aire (2005), Para seguir bailando (2009), A noite branca (2012) e  Alma e o mar (2017).  2017.

Poesía:

A fonte abagañada (1980), Pabellón habitado (1987), Ara Solis (1996), Días de cera (1999), Mar de Lira (2005), Miño (2008), Bater de sombras (2010), Suite Dublín (2011), Memoria de abril (antoloxía, 2014) e Nueva York: cielo y manzana. New York: Sky and apple. Nova York: ceo e mazá (2017).

Literatura infantil e xuvenil:

Historias roubadas (1988), Lendas de onte, soños de mañá (2001), No corazón da fraga (2001), a serie dedicada a Suso Espada (2003-2010), Do A ao Z con Uxío Novoneyra, (2010) e Os contos da avoa Pepa (2018).

Dentro das obras de ensaio destacan as que escribiu sobre Cortazar: Respirar polo idioma: (os galegos e Julio Cortázar) (2006) e  O soño galego de Julio Cortázar (2014).

Tamén participou en multitude de obras colectivas.

Para coñecer máis sobre o autor:
Páxina do autor na AELG

Entrevista realizada por Ramiro Torres a Pedro Eiras na revista Palabra comum (9 de maio de 2016)

Algúns artigos e recensións:

Doval-Porto, I. (2018). Revisión de la novela “alma e o mar”, de francisco X. fernández naval, desde una perspectiva de género. Madrygal: Revista De Estudios Gallegos, (21), 71-91. Doi.org/10.5209/MADR.62594

Longueira Mira, M. I. (2002). Pervivencia de tradiciones celtas en los escritores gallegos contemporáneos: Dos referencias, méndez ferrín y fernández naval. Paper presented at the 214-225.

Valcárcel, M. (1998). ” Sombras no labirinto ” de francisco X. fernández naval. Raigame: Revista De Arte, Cultura E Tradicións Populares, (7 (Novembro)), 38-43.

Vilavedra Fernández, D. (2015). “A noite branca”, entre o documental e o ficcional: A memoria silenciada da división azul. Madrygal: Revista De Estudios Gallegos, (18), 147-155. Doi.org/10.5209/rev_MADR.2015.v18.51225

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Francisco X. Fernández Naval, Pedro Eiras coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s