Encontro literario con Xavier Seoane

Xabier Seoane

©Xacobe Meléndrez Fassbender

O marte 5 de febreiro ás 17 h teremos un encontro literario con Xavier Seoane. Con el falaremos de dúas das súas obras, O sol de Homero e Lingua de Eva e Adán, que nos levarán polos camiños da poesía contemporánea e a función que exerce na sociedade.

Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Estudou Filoloxía Románica en Compostela, actualmente é profesor de Lingua e Literatura Galega na Coruña. Escritor, animador cultural e conferenciante.  Foi membro de distintos grupos artísticos da transición, como “A Carón” e “Galga” así como do grupo poético De amor e desamor. Colaborador habitual en revistas culturais e prensa, entre outras:  TeimaMan ComúnGrialNordésAgaliaA Nosa TerraLa Voz de GaliciaEl Ideal GallegoEl Correo GallegoEl PaísLuzes de GalizaGran Enciclopedia Gallega ou Microfisuras. Fundador, xunto a Manolo Rivas, da revista Luzes.

Ten realizado proxectos radiofónicos e audiovisuais en torno a Luís Seoane e Álvaro Cunqueiro. Colabora habitualmente na organización de exposicións, con labores de comisariado e elaboración de textos, mantendo un diálogo  continuo coas artes plásticas. El mesmo ten participado en exposicións de poesía visual e convocatorias de mail art.

Organiza faladoiros e debates sobre literatura e arte, así como obradoiros literarios. Xunto con Xavier Pintor conduce os Encontros con Escritores, que organiza o CFR A Coruña coa colaboración da UNED – Universidad Nacional de Educación a Distancia A Coruña.

Acadou numerosos premios literarios pola súa obra como: Premio Cidade da Coruña en 1982, por Iniciación e regreso, Premio Esquío de poesía) no 1996, por Umbral de vida, Premio de Poesía Caixanova no 2002, por Dársenas do ocaso ou o Premio Espiral Maior de Poesía no 2006, por Para unha luz ausente.

Ten una extensa produción literaria, tanto individual como de participación en obras colectivas, que inclúe poesía, narrativa, literatura infantil, biografía, aforismos e ensaio. Tamén publicou numerosos artigos, moitos deles sobre arte contemporánea. Deixamos aquí una relación con algunhas das súas obras individuais, así como un enlace ás referencias dos seus artigos. Na páxina das Escollas selectivas hai una entrada moi completa sobre a súa obra, aínda que só chega até 2013 . E na web da AELG está incluída a referencia de toda a súa obra.

Poesía

Narrativa

Ensaio e aforismos

Literatura infanto-xuvenil

Sobre a obra de Xavier Seoane:

Capelán Rey, A. (1992). Lino Braxe e Xavier Seoane, A máxia da palavra: Cunqueiro na rádio. En Anxo Tarrío Varela (coord. ), Alvaro cunqueiro, pp. 192-197. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Insua, E. X. (1997). Xavier Seoane: O canto gozoso da terra (I). Cerna: Revista Galega de Ecoloxía e Medio Ambiente, (20), 22-24.

Lema, C. (2017). Da poesía como representación: Vinte e unha teses en resposta a Xavier Seoane. Grial: Revista Galega De Cultura, 55(213), 100-102.

Pintor Elizalde, J., Seoane, X., Velo García, G., Martín Bermejo, J. Á, e Rei Fernández, M. (2017). Todos somos Ulises: Por unha educación democrática e humanista. Eduga: Revista Galega do Ensino, (73).

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Ensaio, poesía, Xavier Seoane coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s