Antía Yáñez e Senlleiras

© Concha Salgado

Antía Yáñez (Burela 1991) é enxeñeira de Camiños e escritora. Reside en Cecebre onde imparte aulas de escrita para xente nova. Ten acadado xa varios premios literarios como o Certame de microrelatos Lonxa literaria (2013), o Premio de Relatos Cortos Os Viaductos (2014 e 2017) e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016 e 2017). E recentemente o Premio Illa Nova coa súa obra Senlleiras (2018).

A súa primeira novela, O misterio de Portomarín (Galaxia, 2016) tivo grande éxito entre o público xuvenil.

Senlleiras é una novela que nos amosa moitas das violencias patriarcais ás que son sometidas as mulleres, coma onte, aínda que os hábitos socias muden, hoxe continúan. Dúas mulleres, Alda e Alana son maltratadas, en diferentes tempos, como tamén o foron e o son aquelas que cada día aparecen na prensa e tantas mulleres hoxe silenciadas.

Contén, como a súa anterior novela, una dose de misterio que nos aduce e nos leva a habitar o espazo das protagonistas na procura dunha resposta.

A novela conta cun grande traballo de documentación, xa que a autora realiza unha interesante análise de xornais do século XX (anos vinte) na procura de casos de violencia de xénero, moitos deles son incluídos na obra.

Fai tamén unha labor de recuperación de voces femininas dos anos vinte do século pasado, como é o caso de Corona González (Porriño 1882-1972), muller liberal, con conciencia social e feminista, filántropa e mecenas. Corona escribía en A Nosa Terra e na revista Céltiga e nos seus traballos está moi presente a denuncia das vexacións a que son sometidas as muleres e a reivindicación dunha educación para elas. Así escribía nun artigo titulado «Pros país que teñen fillas»:

É necesario insinarlle a traballar, pra ser independente, e facerlle comprender que non é necesario o casamento, nen ser monxa, pra ser feliz n’este mundo. Só pode adequerir a sua independencia por medio do traballo, e o día que as nosas mulleres podan gañar a vida independentemente, sin precisar de ninguén terán independencia de carauter, e poderán casarse, ou non, sin ter medo a quedar solteiras, pois non precisan de un que as manteña (A Nosa Terra, 1-4- 1927).

Sobre Corona González podedes ler máis no álbum de mulleres da web de Cultura galega

Sobre Senlleiras

Crítica de Ramón Nicolás no Caderno da crítica (15/9/2018)

Crítica de Xosé M. Eyré en Ferraduras (5/9/2018)

Recención en A palabra de Gatsby (20/7/2018)

Reseña de Manrique Fernández en O meu andel (29/9/2018)

Diario cultural (1/8/2018)

Entrevista de Montse Dopico en Praza pública (13/10/2018)

Entrevista de Daniel Salgado no Sermos Galiza (19/8/2018)consultable íntegra na Biblioteca (n. 309)

Entrevista que lle fai Ana Vigo (28/5/2018)

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Antía Yáñez, novela coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s