Na Butaca / Esther F. Carrodeguas

esthercarrodeguas_cartaceEn Esther F. Carrodeguas (Rianxo, 1979) converxen escrita, imaxe e escena: escritora, actriz e directora teatral. Licenciada en Xornalismo, Técnica Superior en Imaxe e Graduada en Dirección e Dramaturxia. Fórmase como actriz na Escola Superior de Arte Dramático de Vigo (ESAD), en Espazo Aberto e na Escola Internacional da Comicidade.

Fundadora da Compañía Teatro da Falúa, dirixe na actualidade, xunto a Xavier Castiñeira, a compañía teatral ButacaZero, así como o Cadro Artístico Airiños. Organiza tamén certames poético-escénicos.

 Na escrita ten publicadas Subir o telón (Edicións do Castro, 2008. Premio Pedrón de Ouro, 2006), Collage (Barbantesa, 2011), Voaxa e Carmín (Difusora de Artes, Letras e Ideas, 2016. Premio Abrente de Textos Teatrais 2015), Na butaca. Fantasía nº 3 en Dor Maior (Galaxia, 2017) e Super-Market, o seu último poemario. Outros textos propios foron publicados en obras colectivas, como República (2013) ou Loló e mamá (2018).Colabora e publica textos diversos na Revista Galega de Teatro e na Revista Núa das artes escénicas.

A súa obra escrita é de difícil clasificación, xa que, coma ela, navega entre as distintas artes e xéneros literarios. Poemas levados a escena como obras teatrais ou performance, ou textos dramáticos que se converten en arte global, como Voaxa e Carmín. Actualmente leva a escena Camiños, de creación propia e que, xunto a Voaxa e Carmín e Na Butaca,  forma parte dunha triloxía sobre a memoria (histórica, individual e colectiva).

Máis información sobre Esther e a súa traxectoria artística e profesional:

Web persoal

Blog persoal

ButacaZero 

AELG 

Sobre a súa obra:

Carrodeguas, E. F. (2013). República. Revista Núa, (8), 67-70. Disponíbel en https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/4688442.pdf

Molanes Rial, M. (2017). Violencia institucional y social como forma de marginalismo durante la dictadura franquista en Voaxa e Carmín, de Esther Carrodeguas. Teatro y marginalismo(s) por sexo, raza e ideología en los inicios del siglo XXI (1st ed., pp. 401-410) Editorial Verbum.

Rozados, L. (2016). Máscaras para a resistencia: Voaxa e Carmín, Esther F. Carrodeguas, Difusora de letras, artes e ideas, 2016, 78 páxinas. Grial: Revista Galega De Cultura, 54(212), 90-91.

Na Butaca

Na butaca. fantasía nº3 en Dor Maior (TRAILLER SALA ÁRTIKA VIGO)

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Esther F. Carrodeguas, Uncategorized coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario