Tokio e Cabana de Balieiros

 

O martes 10 de abril. ás 17 h teremos un café literario con Tokio e a súa obra Cabana de Balieiros.

Alfredo López Fernández, máis coñecido como Tokio, é ilustrador e biólogo mariño. Exerce un grande compromiso social e cultural a través da educación ambiental dende a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). Estas dúas actividades retroaliméntanse, non só polo traballo de ilustración científica, senón tamén porque moitas das súas obras de banda deseñada teñen tema relacionado co mar.

Entre os anos 1988 e 1997 dedicouse profesionalmente á ilustración científica, debuxando para Fauna Ibérica do Museo de Madrid, de onde sairía o volume Cefalópodos.

O seu traballo na banda deseñada galega vén xa do comezo desta,  alá polos anos 80 , cando publicaba, xunto a Gus Fernández, Emilio Rodríguez, Quique Enrique, Ramón Trigo ou os irmáns Tizón, en fanzines como Castrellis o Catarsis ou tiras ilustradas para prensa local. Despois virían os semanarios A Peneira, A Nosa Terra ou hoxe en Sermos Galiza. Recolle así a tradición da historieta gráfica en prensa, que tanto utilizou Castelao e que hoxe seguen autores como Dávila, Xaquín Marín ou Gogue, entre outros. En A Peneria publicaría a primeira versión de  A Causa do crime (1987) , que despois sairía en Demo editorial (2014).

 

Participou en 1984  na primeira exposición de banda deseñada  que se organizou en Galicia, foi en Vigo, no Centro de Artes e Oficios. Como el mesmo conta nunha entrevista en Sermos Galiza (12 de xuño 2017)  foi en Vigo onde se xestou todo este mundo da banda deseñada galega, no ambiente da movida viguesa. Despois pasaría a Ourense ese epicentro, coas Xornadas de Banda deseñada.

Dende 20111 publica monográficos de banda deseñada en Demo editorial: Cabana de balieiros (2011) e A causa do crime (2014).

De baleas

En 2017, sae De baleas, na editorial Caldeirón, traballo composto por un libro de poemas  de Eduardo Estévez, un cómic ilustrado por Tokio e un cd con música.

Tamén ten colaborado en obras como Vistos para sentencia (Xunta de Galicia, 1993) ou Os humoristas e a língua (Amigos do Museo do Humor, 1997), dentro de antoloxías de humor gráfico; Cefálopodos (Museo de Ciencias de Madrid), Atlas de vertebrados de Galicia (Consello da Cultura Galega), ou A Natureza ameazada (Consello da Cultura Galega).  Polo que se refire a ilustración científica destacan os libros infantís Nogard, con Marilar Alexandre, e Crónica dos catro viaxeiros, con Xoán Babarro. No seu blog podemos ver algunhas das súas ilustracións. Tamén realizou o storyboard para a curtametraxe de Chano Piñeiro O Camiño das estrelas. Carteis, portadas de discos e libros de texto complementan a súa creación.

Dedica grande parte do seu tempo ao estudo e protección do medio mariño e é habitual atopar artigos seus en prensa e revista ou entrevistas en medios de comunicación.

Cabana de Balieiros

É unha obra de intriga que se desenvolve nunha vila imaxinaria da Costa da Morte, no século XIX. A través das súas páxinas achegámonos á historia galega e á vida daqueles mariñeiros que capturaban baleas. Eles están sempre fóra da vila e da casa, no mar, sendo as mulleres as que quedan na vila.

Ao final do libro fai unha descrición de cada unha das especies que aparece nel.

Video promocional

Entrevistas:

Sermos Galiza (12/06/2017)

La Voz de Galicia (12/04/2011)

 

Máis sobre Tokio:

Web de Demo editorial

Web de Tebeosfera

 

BNE

Na nosa Biblioteca

Produción científica

Dialnet

 

 

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en banda deseñada, Tokio coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s