María do Cebreiro: O deserto

Comezamos novo ano académico e unha nova etapa do club de lectura Nébeda. Agora, quen o desexe, poderá obter 2 ECTS por participar no club. Organiza Nébeda o SNL xunto coa Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación.

O primeiro encontro do curso será con María do Cebreiro, con quen falaremos sobre o seu libro de poemas O deserto. Terá lugar o mércores 18 de outubro  ás 17 h no noso Recuncho de lectura, o espazo Xohana Torres, e coma sempre, acompañado de con té e doces.

 

img_0332Nada e Compostela, María do Cebreiro Rábde Villar,  é poeta, ensaísta e doutora en teoría da literatura, investigadora e profesora na Universidade de Santiago.

Neta de músico, filla de dous grandes poetas, Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade, e irmá do compositor e pianista Abe Rábade,  flúe a creatividade das súas veas, do embigo e da pel.  Na web da AELG podedes ler unha fermosa autobiografía.

O estadio do espello foi o inicio, o primeiro poemario publicado (1998), despois virían nós, as inadaptadas (2002), Non queres que o poema te coñeza (2004), O barrio das chinesas (2005), Os Hemisferios (2006), Objetos perdidos / Obxectos perdidos (2007), Cuarto de outono (2008) e Non son de aquí (2009), traducido ao inglés por Helena Miguélez Carballeira (I am not from here, 2010), Os inocentes (2014) e O deserto (2015). En colaboración con Xosé Carlos Hidalgo Lomba, compuxo as series Poemas Históricos (2010) e O grupo (2012). Co músico David Miranda gravou o disco Lembrarás este cuarto? (2011). [fonte. Galipedia e As escollas electivas].

Mais tamén ten publicados ensaios, como As terceiras mulleres (2005) ou Fogar impronunciable. Poesía e pantasma (2011), sobre este último que podedes ler un artigo publicado en El País. Amais ten artigos sobre teoría da literatura e poesía. Podedes ver refrencias das súas obras na súa páxina na AELG e no seu perfil de Dialnet. E traduciu á nosa lingua a  obra Tres vidas (2006) de Gertrude Stein.

Coordinou as escolmas A poesía é o gran milagre do mundo (2001), mostra de poesía galega contemporánea traducida ao inglés, e Damas negras (2002), antoloxía e tradución ao galego de letras de cancións cantadas por mulleres.

Acadou numerosos galardóns como o II Premio de poesía Caixanova por Non queres que o poema te coñeza ou o Premio de Investigación Dámaso Alonso por As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña, extraída da súa tese de doutoramento Aproximación teórica ó fenómeno antolóxico desde a perspectiva do espacio (2004), e xa no 2016 o Premio da Crítica de poesía galega á mellor obra poética de 2015 por O deserto.

deserto-696x480O Deserto é o seu último libro de poesía. Publicado por Apiario (2016) nunha delicada edición deseñada e ilustrada por NUMAX, a modo dun “devocionario” dí Ramón Nicolás no seu Caderno de crítica, “oracións que se converten aquí en versos para meditar”. En diálogo coas imaxes vai tecendo as palabras. A Prendemos xa na cuberta e capa, coa obra Agar et Ismäel dans le desert, de Antoine Motte dit Falisse, a fuxida de Agar co seu fillo ao deserto. Cando abrimos o libro unha impresionante imaxe de Ingrid Bergman e George Sanders na película Viaggio in Italia (1954), de Roberto Rosselini que nos leva a Pompeia, á vida dunha parella que afonda nos seus des-encontros e des-enganos, no amor e des-amor, nese deserto que deixa o amor cando fuxe. Sensacións, crise, vida-morte…

img_0327Máis informacións sobre a autora en:

AELG

Galipedia

Bibliografía creada pola Biblioteca

Entrevistas:

Palavracomum, arredor de O Deserto, feita por Ronsel Pan

Noitábrega

Praza Pública (Monse Dopico) sobre O Deserto

Sobre O Deserto

O Deserto. María do Cebreiro (Booktrailer) from apiario on Vimeo.

Nota editorial (Apiario)

Reseña en Caderno da Crítica Reseña en Tamén publicado no Fugas de La voz de Galicia

A Sega (por Susana Airins)

Lermos.gal

Ísula europea (por Inma Otero Varela, en italiano)

 Ler en rede a súa poesía:

Revista dixital Fronterad 

Tamtam press https://tamtampress.es/2016/12/01/cinco-poemas-de-maria-do-cebreiro/

Barcelona review https://www.barcelonareview.com/43/s_mdc.htm

BVG Biblioteca Virtual Galega

 

Ler a María na Biblioteca:

37 poemas por man propia. Ribeira: Bourel, 2007.

Hábitat-interferencias. Outes, A Coruña: Concello de Outes, 2013.

Cuarto de outono. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2008.

Non son de aquí (1̇ ed.). Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2008.

Os inocentes. Vigo: Galaxia, 2014.

O deserto. A Coruña: Apiario, 2016.

Fogar impronunciable : Poesía e pantasma. Vigo: Galaxia, 2011.

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Esta entrada foi publicada en María do Cebreiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s