Encontro literario co autor portugués André Domingues

Xa estamos en maio, case lúa chea, tempo de sementar o millo. Os días medran nos campos cheos xa de acederas, margaridas, verónicas e trebo. As cerdeiras xa perderon a flor, arrecenden agora estripeiros, zelindas e sabugueiros. Maia protéxenos.

Visítanos o autor portugués André Domingues, que estará con nós o día 18, ás 17 h, para falar da súa obra Dramas de companhia”.

André Domingues naceu e vive no Porto, onde imparte aulas de escrita creativa e lingua española. É licenciado en Ciencias da Comunicación e mestre en Literatura e Cultura comparadas pola FLUP. Escritor, traductor e locutor de radio. Adoita publicar os seus textos literarios na rede, para o que conta con tres blogues persoais: Do amor mau, no que escrebe relatos propios que sempre comeza cunha imaxe, coma un flash, unha impresión, da que descenderán as palabras;  Bocca bacciata, cunha mostra de textos escritos no ano 2014;  ou O mar parece azeite, realizado xunto con outras e outros autores, a partir do obradoiro de Escrita Criativa: Poesia, orientado por Ana Luísa Amaral. Neste último blogue as achegas persoais mistúranse con poemas de Miguel Torga, Sophia de Mello Breyner Andresen, Al Berto, Pessoa, Amadeo Baptista, Rimbaud,  Shakespeare, Emily Dickynson, Cesare Pavese ou Clarice Linspector.  Contén amais textos propios nos que desenvolve emocións ante a visón dun cadro, As meninas de Velazquez, ou a lembranza dunha peza musical de Debussy.

É habitual ler os seus textos en revistas culturais e literarias dixitais, como é o caso do Correio do Porto, onde publica poemas e impresións sobre arte, teatro, literatura ou cine. Nun orixinal formato, a modo de prospecto médico, publicou unha serie de poemas na Bula de marzo de 2015, exemplar que se pode imprimir e pregar, seguindo as instrucións e crear unha interesante colección con textos e ilustracións de diferentes autoras e autores.

Participa cos seus textos en exposicións internacionais, dialogando asi con outras artes: pintura, escultura, gravado…

En 2005 publica por primeira vez en papel un conto, no libro colectivo Convidava esta gente para jantar?. No ano 2009 obtén o primeiro premio de poesia da AEFLUP, coa obra Eschaton ou a Extremidade do Mundo, seguiralle a mención de honra na OFF FLIP de literatura polo poema  Dying Mannequin!. No ano 2010 acada o premio Novos Talentos Fnac de Literatura co conto Sine die (2011). Dramas de Companhia (Companhia das Ilhas, 2016), é a súa última obra.

Para coñecer algo máis sobre André podemos ler a entrevista que lle fixo Paulo Moreira para o Correio do Porto.

Dramas de Companhia está escrito en prosa poética, creando un conxunto de 59 textos curtos, que André divide en tres capítulos : Insuficiências Reais, Role-Playing e Vidas Breves.  Neles indaga no máis íntimo da psioloxía humana, na dor de aquel que sofre pola súa existencia.

Alice Macedo Campos e Hugo Pinto Santos fan unha reseña sobre esta obra, e tamén podemos ler o texto de prensa realizado pola editora. deixamos aquí un booktrailer que nos convida a entrar e avanzar polos fíos nos que camiña o seu protagonista.

Na Biblioteca temos varios exemplarese do libro Dramas de companhia que podedes levar en préstamo.

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Esta entrada foi publicada en André Domingues. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s