Limpeza de sangue, de RUBÉN RUIBAL

imaxe tomada da Asociación de auroes teatrais (ficha do autor)

imaxe tomada da Asociación de auroes teatrais (ficha do autor)

Dende o clube de lectura desexámosvos que o novo ano comece algo mellor do que estamos deixando o que remata, se é que aínda se pode remediar tanta desfeita. E como imaxinamos que entre fartura e fartura algo de tempo libre haberá, anunciamos xa a nova lectura que seguro vos vai gustar, Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal. O encontro con el no Recuncho de lectura será, o xoves 26 de xaneiro de 2017, ás 17.00 h.

Rubén Ruibal (Ribadeo, 1970) é dramaturgo, director e actor teatral.  Actualmente coordinador da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña, na que estreou Rinoceronte no camiño (2010), obra colectiva.  Tamén imparte obradoiros teatrais. Formouse como actor, escenógrafo e axudante de producción e dirección na Aula de Teatro da USC e no Teatro Universitario da Coruña, asi como na Escola de Teatro Danthea e a compañía O Facho. Iniciouse como actor e colaborador na compañía Teatro de Aquí, fundada no 1992 por Roberto Vidal Bolaño  e  Belén Quintáns. No ano 2000 crea, xunto a Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo. Tamén traballa e escribe para o Centro Dramático Galego. Desta primeira etapa é a súa obra Fume (2000)  e  Nunca durmo (asinadas co seudónimo de Eric Cachuzo), representada por Teatro Cachuzo. Outras das súas obras foron Trafic, arroz mubi (2004) e Triunfadores, levadas á escea por Patatín & Patatán Superproductions. Co peche de Teatro de aquí adicouse de cheo á escrita. No 2006 publícase a obra que temos con nós, Limpeza de sangue. Logo viría Peter Buckley, un firme traballador da derrota, que escribíu xunto con César Candelas, co que acadaría o Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega (2009), e Insomnio (2008). O ano 2009 será moi productivo xa que saen do prelo Estigma (escrito xunto con Jacobo Paz e Vanesa Sotelo), Delimvois (a partir dun texto de Jacobo Paz, “Estado único”, inspirada no texto “Nós” de Zemiatin, Premio da asociación de Escritores en Lingua Galega –Teatro- 2010), ¿Onde andas, Karl? e Cambios de destino, obras que foron estreadas polo Centro Dramático Galego, a Oficina de Guimaraes, a Escola de Teatro de Narón e Teatro en Punto. Con César Candelas publicaría tamén A néboa amarela (Black Diamond Bay) (Biblos, 2010).

Tamén escribíu artigos e colaborou en obras colectivas:

Fernandes, C. C. B., & Mato, X. R. F. (2014). Lingua e teatro: X xornadas sobre lingua e usos. Servicio de Publicaciones.
Ruibal, R. (2007a). Extrañas perversiones: Escribir. El Teatro De Papel, (6), 41-45.
Ruibal, R. (2007b). De garaxe a limpieza de sangre, pasando por Roberto Vidal Bolaño. El Teatro De Papel, (6), 37-40.
Ruibal, R. (2008). Delimvois – te catro. Dorna: Expresión Poética Galega, (32), 91-94.
Ruibal, R. (2010). Venecia é un espello. Casahamlet: Revista De Teatro, (12), 106-109.
Ruibal, R. (2011). O que pasou pola cabeza do “vagabundo tocador de láude que non espertará en toda a peza” da fundación de romeo e xulieta, famosos namorados… Casahamlet: Revista De Teatro, (13), 86-88.
Ruibal, R. (2012). Galeria. Casahamlet: Revista De Teatro, (14), 122-124.
Ruibal, R. (2014). “Peter buckley” e o premio diario cultural. En: Biscaíñino Fernández, Carlos e Freixeiro Mato, Xosé Ramón (ed.), X Xornadas sobre Lingua e Usos. Universidade da Coruña, Servizo de Normalización Lingüística.

Roberto Vidal Bolaño foi o autor que máis influíu na obra de Ruibal, con quen se formou e  traballou ao longo de 10 anos na compañía Teatro de aquí. Mais tamén están na súa obra outras influencias, como é a de Cortázar ou Bernard-Marie Koltés. Lembraredes que no libro “O soño galego de Julio Cortázar” de Fernández Naval, Rubén colabora cun texto.

limpeza-de-sangueLimpeza de sangue (o sangue fai ruído) (Xerais, IGAEM, 2006) acadou o Premio Nacional de Literatura Dramática (2007), a 5ª Edición – XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais (2005) e o Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal (2011). Foi unha obra escrita coma homenxe a Roberto Vidal Bolaño e a súa obra Doentes. Na Biblioteca temos varios exemplares e nas Bibliotecas Públicas tedes máis.

A obra non puido ser representada ata 6 anos despois, non contaba co apoio económico necesario, pese a que nas bases do Premio Álvaro Cunqueiro se incluía a súa posta en escea. Chegaría así o seu momento en 2011, co aval persoal de Arturo López, director de Espello cóncavo e o inmenso traballo do elenco de actores e actrices da compañía.

Trata sobre dous homes de moi diferente procedencia social que se atopan na sala dun hospital, á espera dunha segunda oportunidade, un transplante,  ou dunha morte segura. É unha obra sobre a enfermedade,  a amizade, mais tamén é unha forte crítica á sociedade actual, á corrupción, ás institucións, á sanidade, contada con humor e unha forte ironía. Non desvelamos máis, pero podedes ler un resume na páxina de Xerais e tamén a interesante reseña que fixeron Marta Insua e Mariña Río Mallo, na revista Madrygal (vol. 11, 2008).

Jorge Coira anunciou en 2011 que levaría Limpeza de sangue á grande pantaia e que a rodaxe comezaría en 2012, coa productora Filmanova. O propio Rubén ve a obra como un guión de cine. Lede máis neste Debate entre Jorge Coira e Rubén Ruibal: “A cultura é o que vertebra a existencia diso que chamamos Galicia”

Sobre Limpeza de sangue:

Reflexións sobre “Limpeza de sangue” (Charla con Rubén Ruibal no salón de actos de la Facultad de Filología y Traducción Rubén Ruibal).
Artigo en Vieiros (Lucía Iglesias, 2007)
Edición dixital da entrevista publicada na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 126, novembro de 2007)
Entrevista a Rubén Ruibal e Gustavo Pernas en El País (5/11/2010)

Un fragmento da representación de Estigma
Producción: Centro Dramático Galego
Autoría: Jacobo Paz, Rubén Ruibal e Vanesa Sotelo. Dirección: Dani Salgado. Escenografía e vestuario: Joan Galí. Iluminación: Baltasar Patiño. Intérpretes: Xavier Deive, Xosé Manuel Esperante, Clara Gayo, Vicente de Souza eMaría Tasende Cotelo. Estrea: 2 de maio de 2008 no Salón Teatro de Santiago de Compostela (A Coruña).

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s