Ostrácia, de Teresa Moure

retratotmag1pImos deixando atrás os calorosos días de verán e, xa de cheo no traballo e nas aulas, procuramos un tempo de lecer, no que a lectura embale as augas dos soños.

O día 26 de outubro, ás 17.30 conversaremos con Teresa Moure, no noso Recuncho de lectura, sobre o seu romance Ostrácia, e acompañaremos a tarde con té e doces.

Teresa Moure é escritora, doutora en lingüística e profesora na Universidade de Santiago de Compostela. Dende que comezou a escribir o tempo non se detén sen unha palabra, así Consuelo Bautista a define como “a muller das palabras”. Na contracapa de Ostrácia hai un fermoso texto sobre ela, no que se intúe unha muller impulsiva, activista, comprometida e amante da escrita e a natureza.

A súa obra abrangue todos os xéneros liteararios, novela, poesía, ensaio, teatro, xornalismo…  acadando premios en todos eles como  o premio Loureiro Rey de novela curta e Arcebispo San Clemente (A xeira das árbores, 2004), Ramón Piñeiro de ensaio (Outro idioma é posible, 2005, e Queer-emos un mundo novo, 2012), Xerais de novela, AELG e o da Crítica de narrativa galega (Herba moura, 2007), ou Rafael Dieste de teatro e María Casares (Unha primavera para Aldara, 2007 e 2009 respectivamente).

A partir de 2013 decide escribir a súa obra na lingua aceitada internacionalmente para países lusófonos e nela  está a obra que os ocupa, Ostrácia (2015), Eu violei o lobo feroz (2013), o ensaio Politicamente incorreta (2014) e Uma mãe tão punk (2014).

Tamén publicou obra para nenas e nenos, como A casa dos lucarios (2007), Eu tamén son fonte (2008), ou Mamá, tí si que me entendes (2009), os dous últimos ilustrados por Leandro Lamas.

Algunhas das súas obras foron traducidas a outros idiomas, neste sentido a máis difundida foi Herba moura (catalán, castelán, romanés, italiano, portugués e neerlandés). E Teresa traducíu Lilus Kikus, de Elena Poniatowska (2012) ao galego.

Deixamos aquí unha listaxe extensa coas súas obras e os enlaces ao noso catálogo.

Publicou ademais numerosos artigos en revistas e xornais sobre lingua, xénero, ecoloxía… Teresa Moure é unha muller cun forte compromiso coa lingua galega, o feminismo, a xustiza social, a ecoloxía e a nación. Podedes ler algúns dos seus artigos en Sermos Galiza.

Para coñecer máis sobre ela podedes ver varias biografías na rede como a da AELG , a de Xerais, ou a autobiografía da BVG. Tamén é interesante a reseña que sobre ela fai Consuelo Bautista para o diario El País.
E imprescindible a entrevista que lle fixo Ramiro Torres para a revista Palavracomum.

novela-ostracia-teresa-moureDa súa extensa producción literaria seleccionamos a última novela  para a lectura no clube. Ostrácia (Através editora, 2015), alá onde non se dorme, a loita continúa e acorda entre o desexo e a submisión. Teresa Moure achéganos á vida de tres mulleres “araña”, loitadoras, revolucionárias, enleadas en arriscadas misións, implicadas na loita social e política, pezas clave na historia de Rusia e, sobre todo, inmensas feministas. Inessa Armand, máis coñecida pola súa relación con Lenin que pola entrega incondicional á revolución bolchevique, Nádia Krupskaia e Alexandra Kollontai nunha narración en primeira persoa con distintas voces, que vai do íntimo ao histórico e do pasado ao tempo actual.

 


Inessa Armand acompañada por Lenine no Culturgal (subido á rede por Alfredo Ferreiro) na promoción de Ostrácia.

Non imos desvelar máis sobre o seu contido, pero quen o desexe pode ler nas críticas e análises que outros autores fixeron dela, como a crítica realizada por Ígor Lugris en palavracomum ou a de Philip Krummrich en Praza Pública.

Sobre a figura de Inessa Armand, clave na novela, tense escrito moito, aínda que quizáis máis pola súa relación con Lenine que polo seu propio peso como muller revolucionaria e loitadora, fundadora da sociedades feministas, membro do comité executivo do Soviets de Moscú, e que se xogou moitas veces a vida en misións encomendadas polo propio Lenine. Tivo unha vida curta mais intensa, morre de cólera aos 46 anos. Creaba escolas para nenos e nenas campesiñas, axudaba a prostitutas… e sempre loitou pola emancipación do proletariado.

antigo-cafe-des-manillersInessa coñeceu a Lenine no café des Manilleurs,  lugar no se se atopaban os exiliados rusos en París e do que hoxe xa non queda nada. Dende ese momento sería gran amiga non só de Lenine, senón tamén de Nadia Krupskaia.

Neste enlace podedes ler, en rede, algo máis sobre Inessa Armand.

A correspondencia entre Lenine e Inessa consérvase no Instituto de Investigacións sobre Marxismo-Leninismo de Moscú. Aquí podedes ler algunhas das súas cartas.

Teresa Moure, ao final da novela ofrécenos unha bibliografía imprescindible, complementaria da lectura de Ostrácia. Algunhas das obras as temos na Biblioteca:

Etwood, R. C. (1992). Inessa Armand: Revolutionary and feminist Cambridge University Press.

McDermid, J., & Hillyar, A.Midwives of the revolution. female bolsheviks and women workers in 1917. London: University College London.

Pearson, M. (2001). Lenin’s mistress. the life of Inessa Armand. London: Duckworth.

Serge, V. (2011). El año I de la revolución rusa (2a ed. ed.). Madrid: Siglo Veintiuno de España.

Service, R. (2009). Camaradas :Breve historia del comunismo. Barcelona: Ediciones B.

Service, R., & Vázquez Montalbán, M. (2001). Lenin :Una biografía. Madrid: Siglo XXI de España.

Tsvietáieva, M. (2015). Diarios de la revolución de 1917 (S. Ancira Berny Trans.). Barcelona: Trama.

Weinberg, T. S. (1995). BDSM : Estudios sobre la dominación y la sumisión. Barcelona: Bellaterra.

E unha pequena bibliografía realizada por nós sobre Inessa Armand, Nadia Krupskaia e Alexandra Kollontai

A vida de Lenine e Inessa foi levada ao cine en varias ocasións:

El tren de Lenin (1988, Daminiano Damiani), película analizada en Diario de cine, e que se pode ver completa en youtube.

Lenin en París (1981, Sergi Yutkevich)

All my Lenins 1997, Janne Sevchenko) peli completa con subtitulos en inglés

baixar o cartace en pdf para imprimir

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Teresa Moure coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s