Pasado o encontro con Miguel Mato

miguel mato clube1Reunímonos arredor de Manuel María, ali estaban a Casa de Hortas, Muiñeiro de brétemas, Cecais hai unha luz, Terra Cha, A luz resucitada… e tantos e tantos versos. Con Miguel Mato percorrimos parte da súa obra, as fermosas descripcións da natureza, a terra, os animais, a palabra e o amor. Sobre o amor como fonte e alimento da poesía dende que aparece, e o desamor.  Afondamos tamén no compromiso social e nacionalista dos seus poemas. Contounos moitas anécdotas como a atracción que sempre sentíu polos “toliños” que andaban pola rúa cos que compartía conversas e cigarros;  ou como, sen sábelo, estableceu amizade cun rabino xudeo que era toda unha autoridade en Israel; ou que o último que comeu antes de deixarnos foron unhas periñas urracas da horta de Miguel. Fermosas palabras coma “estralampar”, ese momento que vén despois dunha treboada, cando o vai aparecendo o azul e aínda queda no ar a lembranza dos lóstregos. Esa palabra tan utilizada por Manuel María e que tanto lle gustaba a Fole. E da treboada pasamos á chuvia e ás chuvias, e Miguel Mato léunos o seu marabilloso texto poético sobre a chuvas, na sala fíxose un silencio, e a emoción aniñou e nós. Grazas Miguel Anxo.

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Manuel María, Miguel Mato Fondo, poesía, Uncategorized coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s