Manuel María e Miguel Mato Fondo

fotosmanuelmaria_00361

Con 16 anos (arquivo Fundación Manuel María)

Manuel María é o autor homenaxeado este ano coas Letras Galegas. Con este motivo aproveitamos para ler unha escolma da súa obra poética. Eleximos a antoloxía realizada por Miguel Mato Fondo e Miguel Anxo Fernán Vello, e será Miguel Mato quen nos achegue máis a súa obra, xa que estará con nós  o 12 de maio ás 17 horas no Recuncho de lectura.

Son moitas as biografías publicadas sobre Manuel María, tanto impresas como en rede. Dende setembro de 2013, grazas á laboura da súa viúva, Saleta Goi, e a axuda de moitas e moitos colaboradoes, temos a sorte de contar coa Casa museo Manuel María, situada en Outeiro de Rei, na que se recolle todo o seu legado, biblioteca, manuscritos, obxectos persoais, así como unha importante colección de arte.

 

Con Uxío Novoneyra e Ramón Piñeiro (arquivo Fundación Manuel María)

Con Uxío Novoneyra e Ramón Piñeiro (arquivo Fundación Manuel María)

Foi Manuel María un grande escritor en lingua galega, que medrou na casa familiar de Outeiro de Rei nun ambiente rural, mais sempre rodeado de libros e boas lecturas, permitíndolle coñecer deseguida a literatura galega contemporánea. Integrouse moi novo nos círculos e tertulias literarias e artísticas galegas,  comezando axiña a  publicar o seus primeiros libros de poesía. Parella á súa faceta literaria está a súa profesión de procurador dos tribunais, en Monforte de Lemos.  A súa vida e obra pasa por diferentes etapas, nas que se irá relacionando cos principais intelectuais galeguistas e participará na reorganización do nacionalismo galego. Foi un home de gran compromiso social,  político e cultural con Galicia, co noso pobo e a nosa lingua.

Ten unha obra moi extensa, especialmente poética,  que vai evoluíndo dende os seus primeiros versos publicados Muiñeiro de brétema (Colección Benito Soto, 1950), que comezaría unha nova corrente  na lírica galega, a “Escola de tebra”, ata os últimos títulos publicados cada vez máis intimistas,  Elexías á miña vida pequeniña (Instituto de estudos chairegos, 2004) ou  Cecais hai unha luz (Fundación Manuel María, 2010). Asemade foi un grande narrador, ensaista e dramaturgo.

Na web da Casa Museo Manuel María hai unha relación completa da súa obra. Na Biblioteca da UDC temos disponible para levar en préstamo moitas delas e na Biblioteca Virtual Galega podedes ler algunas das súas obras en rede.

Bibliografía sobre Manuel María realizada pola Biblioteca.

Recitado de Manuel María

Algúns dos seus poemas foron e seguen a ser cantados:

 

Mini e Mero cantan O aradiño

 

Fotografía realizada por Eduardo Castro (arquivo AELG)

Fotografía realizada por Eduardo Castro (arquivo AELG)

Tamén Miguel Mato Fondo naceu nunha casa de aldea, en Ponteceso, no seo dunha grande familia e cun peso moi importante da natureza na súa formación persoal. O mar, as aves, a horta… sempre nos seus poemas.

Entón andábamos a brincar nos cons, brancas e inmóbeis, os homes dacabalo polos camiños dos montes, o voo dos miñatos a xogaren coas raiolas das abas…”
(O Whiskey na barrica. Espiral Maior, 2004)

Da avoa Teresa e da súa nai chegou o amor á literatura e a arte, do pai e do seu tio Manolo, o apego ao mar e á horta.

Formou parte do colectivo poético Amor e desamor, xunto a Manolo Rivas, Pilar Pallarés, Lois Pereiro ou Miguel Anxo Fernán Vello, entre outros.

Fotografía realizada por Eduardo Castro Bal (arquivo AELG)

Fotografía realizada por Eduardo Castro Bal (arquivo AELG)

É licenciado en Filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago, poeta, narrador, ensaísta, e profesor de lingua e literatura no IES Rafael Dieste da Coruña. Como poeta publicou O Whiskey na barrica (Espiral Maior, 2004) e Terra fría (Caldeirón, 2015). En narrativa escribíu a colección de relatos Xope de Lilaina (Bahía, 2005). E como ensaísta,  A mazá e a cinza. A poesía galega após 1976 (Edicións do Cumio, 1991), A escrita da terra. Configuración do espacio natural na literatura galega (Espiral Maior, 1998), Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro (Laiovento, 2011) e  Señardade da luz (A obra poética de Manuel María) (Alexandre Bóveda, 2011). Tamén ten escritos sobre Manuel María en revistas e obras colectivas, e a escolma poética publicada por Espiral Maior, máis a edición de Edipo. Participou en varias obras colectivas, tanto de poesía como de ensaio, como en De amor e desamor, I e II, (Edicións do Castro, 1984,1985), De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte (Sotelo Blanco, 2009), ou Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (Caldeirón, , 2013). Aquí deixamos un documento cunha listaxe coas obras de Miguel Mato.

Para máis detalles da súa biobibliografía podedes consultar a páxina da AELG, onde hai unha autobiografía, relación de obras, fototeca e videoteca.

Aquí recitando a Manuel María

O Whiskey na barrica

Algunhas entrevistas interesantes nas que nos podemos aproximar máis á súa escrita:

Entrevista en Sermos (13-5-2015), con motivo da publicación do seu último libro de poesía, Terra fría”.

Entrevista en Palabracomum (5-09-2015) 

cartace pdf imprimir

cartace jpg.jpg

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Manuel María, Miguel Mato Fondo, poesía coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s