Finalizado o encontro con Marilar Aleixandre

cc Luis Miguel Bugallo

cc Luis Miguel Bugallo

O pasado xoves reunímonos no Recuncho de lectura con Marilar Aleixandre para falar sobre O coitelo en novembro. Foi un dos encontros con maior concorrencia de lectoras e lectores, o cal nos encheu de ledicia e satisfacción. Comezou Marilar a falar un pouco do proceso de creación da obra, de como a ía compoñendo a partir de relatos , que nalgunhas ocasións xa tiña creados, e como lles ía dando unidade coa historia de Mila e as súas descubertas. Cada unha das historias tiña unha vida propia, e nós deixabamonos levar por ela. O primeiro debate que suscitou foi en canto a súa forma, ao xénero no que se podía “encaixar”, se estabamos ante un conxunto de relatos cun fio común ou ben ante unha novela, como apunta Eyré na súa crítica. Sempre tentamos encadrar as artes e as letras nun estilo e/ou nun xénero, segundo unas pautas clásicas, algo que hoxe é case que imposible dada a intercomunicación das artes, en todos os ámbitos creativos.

O coitelo en novembro ten unha linguaxe moi coidada, de moita riqueza léxica, con múlltiples rexistros que se adaptan a cada un dos espazos literarios e xeográficos. O coñecemento que amosa Marilar sobre cada especie do rio, por exemplo, cos nomes dos bichiños ou a linguaxe da pesca, ben nos faría pensar que ela ten nesa arte unha grande experiencia.  A variedade de tempos históricos dos relatos, asi como a diferentes sensacións que nos transmiten, moitas veces de raiba e impotencia ante feitos que sabemos foron reais, de humor, ou incluso tenrura noutros, máis sempre producindo en nós esa empatía con que sofre, pasa fame, ou ama.

Achegámonos  a outras das súas obras, Lobos nas illas ou Cabeza de medusa,  ás historias das que parten e ás que se van tecendo a partires delas, do contacto con lectoras e lectores, ou mesmo algún “retorno”  de quen nelas se representa. E que nalgunhas ocasións tiña relación co tema da “autoría” e da posición ética de quen transcribe historias que nalgún momento lle aconteceron a alguén, tamén presente na obra que limos.

Queremos agradecer a Marilar, Mila e/ou  Aleksandra Mairal esta tarde de encontro e conversa.

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Marilar Aleixandre, novela coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s