Nova lectura, “O coitelo en novembro”, de Marilar Aleixandre

coitelonovembro

 

Comezamos ano e o frio inverno de febreiro tráenos “O coitelo en novembro“, de Marilar Aleixandre, publicada en Xerais (2010). Trátase dunha colección de relatos unidos por un fío, que autores, como Eyré consideran unha novela. De novo unha obra chea de referencias literarias, que nos fai viaxar no tempo, máis tamén entre a realidade e a ficción, nos leva de Oriente ou de Grecia a Arxentina, achéganos a Sherezade, a Ovidio… aos galegos do exilio, a Luís Seoane e a Galicia, á nosa historia e a súa memoria.

autoría: Distrito Xermar. Wen AELG

autoría: Distrito Xermar. Wen AELG

Marilar Aleixandre  naceu en Madrid en 1947, aínda que xa en 1973 ficaría nas nosas terras, despois de pasar por outras que, xunto con espazos nos que non vivíu ou polos que pasou brevemente,  lle marcarían fondamente e deixarían pegada na súa obra. Na web da AELG hai unha autobiografía súa na que nos ofrece lembranzas de cada lugar, arrecendos, cores, sabores…  Cóntanos tamén que recibiu unha “educación rockeira” asistindo ao programa “Caravana”, a finais dos 60, no que Ángel Álvarez presentaba aos grandes da música contemporánea.

Estudou Bioloxía e dende 1988 imparte Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias da Educación. Como curiosidade, adora os escaravellos, que, incluso, darán lugar a un libro, A Expedición do Pacífico.

Marilar é unha das escritoras galegas de maior recoñecemento e con máis obra publicada. Destaca como autora de obras infantís e xuvenís, entre as que salientamos A formiga coxa, (Xerais,1989), A banda sen futuro (Xerais, 1999), A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán (Tambre, 2005), A cabeza de Medusa (Xerais, 2008), do que deixamos enlace ao proxecto de lectura realizado por Anaya  ou o poemario Ovella descarreirada (Xerais, 2014). Como narradora de adultos ten publicado Tránsito dos gramáticos (Xerais., 1993), Lobos nas illas, (Xerais. 1996), A compañía clandestina de contrapublicidade, (Galaxia, 1998), Teoría do caos (Xerais. 2001), ou O coitelo en novembro ( Xerais. 2010).

Asemade ten importantes poemarios como Catálogo de velenos ( Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1999), Desmentindo a primavera (Xerais, 2003), Abecedario das árbores (El Correo Galego, 2006) e Mudanzas (PEN Clube, 2007). Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte. En 2010 foi nomeada Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Participou en publicacións colectivas como Construír a paz, (Xerais, 1996), Unha liña no ceo, (Xerais,1996), Longa lingua (Xerais, 2002), Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, (Espiral Maior, 2006)…  e revistas sobre cultura e literatura: CLIJ  Festa da Palabra Silenciada,  Dorna  e El Signo del Gorrión. Podedes ver aquí algunhas das súas colabouras nestas publicacións.

Cultiva tamén o ensaio, con numerosas publicacións en papel e electrónicas relacionadas coa ciencia, e as materias que imparte na Universidade. Deixamos aquí unha ampla relación de artigos e outras publicacións de Marilar Aleixandre no eido das ciencias.

Ten acadado numerosos premios: Premio Merlín de literatura infantil (1994) e Premio da crítica de Galicia (1995) por A Expedición do Pacífico, Premio Manuel Murguía de Relato breve (1997) por Desaforados Muños, Premio Rañolas ao mellor libro infantil e xuvenil en galego (1996) por O Trasno de Alqueidón, Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa (1997) por A Compañía clandestina de contrapublicidade, Premio Xerais por Teoría do caos (2001) ou Premio Esquío de poesía en galego (1998) por Catálogo de velenos. Está na Lista de honra do IBBY (International Board on Books for Young People ) (1997) pola tradución A caza do Carbairán (The Hunting of the Snark) de Lewis Carroll.

Tamén como traductora, ademáis de A caza do Carbarán, ten poemario Muller ceiba (1996) de Sandra Cisneros  e Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro volume da serie Harry Potter ( 2001).

Guionista de 14 capítulos da serie de banda deseñada “Os escachapedras”, ilustrados por Fran Bueno.

Nas súas obras incide en temas de política contemporánea, a memoria histórica, no amor, na situación da muller, igualdade de xénero, a escravitude, a discriminación, adolescencia, etc.

Máis información sobre a autora:

Na súa web

Web da AELG

Galipedia

Referencias e críticas sobre O coitelo en novembro

Crítica de Ramón Nicolás   Crítica de Xosé Ramón Eyré   Crítica de Dolores Martínez Torres

Tempos novos. Protexta, n. 15.

“O cóitelo en novembro” Festa da palabra silenciada, ISSN 1139-4854, Nº. 26, 2010 (Ejemplar dedicado a: Actualizar a Rosalía), págs. 136-137

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Marilar Aleixandre, novela coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s