Tes ata as 10

encontro2Entre libros e arrecendos a azucre e chocolate mergullámonos na novela de Francisco Castro “Tes ata as 10”, e co seu autor puidemos chegar ata Toni, Antonio Correa, Gloria e Celia, nunha viaxe que nos levou de Vigo ás illas de Stevenson, a illa do tesouro e a Vailima, onde hoxe repousa. Seguindo o camiño de Jim Hawkins chegamos á madurez persoal de Toni, á ruptura do seu cordón umbilical, do fio de arañeira do que levaba prendido máis de corenta anos. Falamos da novela como dunha “Bildungsroman“, primeiro paralelismo coa Illa do tesouro á que Castro homenaxea e da que ofrece tan fermosas referencias. Tamén temos citas na novela a outras obras clásicas e imprescindibles da literatura xuvenil universal como “O estrano caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde”, de Stevenson, ou “Vinte mil leguas baixo dos mares” de Jules Verne.

Máis tamén nos achegamos á represión franquista, ao ano 1972, de grandes folgas en Vigo e forte represión franquista despois, un verán quente, nos últimos anos da dictadura, que fortalecería as bases do sindicalismo galego, da loita nas rúas, da unión entre obreiros e estudantes, e deixaría o nome da cidade impreso en grandes letras na prensa de todo o país. A censura na prensa, no cine, na música… Aute e Vailima, de novo, e como a súa canción “Al alba” esvarou entre as tesouras do réxime como se non fora máis que unha canción de amor, de Suso Vaamonde, o primeiro preso político do que se consideraba democracia.


[Vailimia de Luis Eduardo Aute]

E o amor… tan presente na obra, a inmadudez de quen ama por primeira vez, independentemente da súa idade, a sedución, o xeito de vivir a paixón e a sexualidade home-muller, muller-home.

Que hai de Castro no protagonista da novela? Coincidencias biográficas? Cando lemos a Toni, ata onde nos achegamos ao propio autor? A mayoría da súa obra ten unha escea, Vigo, Francisco Castro, fai que o que ali acontece, dalgún xeito, sexa universal e extrapolable a calquera punto do planeta. E el mismo recoñece que Toni ten moito del, non só no físco, editor, a edade… aspectos que non desvelaremos.

encontro3

Foi unha tarde maravillosa, falamos rodeados dalgunhas das obras de Francisco Castro, e tamén dos grandes libros de aventuras, pero ademáis envoltas/os nos cadros de Isabel Pintado, que creaban unha atmosfera de luz e cor. Eramos poucas/os, nun encontro literario cun escritor galego contemporáneo, arredor dunha fantástica novela, tamén nos encontros que lle precederon, ninguén do alumnado, nunha universidade con 30.000 estudantes, nun centro con 2.000. Nas diversas accións que dende a Biblioteca se organizan para promocionar a lectura detectamos que na Universidade non se le tanto como se pensa e como sería de desexar, e as lecturas non son voluntarias, veñen marcadas polos docentes dos centros. Vén de publicarse un artigo moi interesante de Santiago Yubero e Elisa Larrañaga, no último número da revista El profesional de la información, no que se analiza o escaso hábito lector dos estudantes en España e Portugal, cando a comprensión lectora é esencial para achegarse a calquera obra de carácter científico ou profesional así como para desenvolver unha actitude crítica ante a información que recibimos polos distintos medios. Este feito é algo preocupante e que fai que en moitas universidades se realicen actividades de promoción da lectura como algo voluntario e de lecer, e é entre esas actividades que se enmarca o noso Clube de lectura e encontros literarios Nébeda.

Yubero, Santiago; Larrañaga, Elisa (2015). “Lectura y universidad: hábitos lectores de los estudiantes universitarios de España y Portugal”. El profesional de la información, v. 24, n. 6, pp. 717-723. http://dx.doi.org/10.3145/epi.2015.nov.03

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Francisco Castro, novela coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s