Tes ata as 10, de Francisco Castro

imaxe de Jorge Landín

imaxe de Jorge Landín

Francisco Castro nace en Vigo en 1966, onde reside e traballa. É coordinador da sección novos proxectos e editor de literatura infantil e xuvenil  na editorial Galaxia. Escritor, activista social, gran comunicador, bloguero, autor de letras de cancións dalgúns grupos musicais e cantautores…  Colaborador habitual en medios de comunicación galegos, como no tristemente desaparecido A Nosa Terra. Ten acadado numerosos premios polas súas obras, entre eles: Lueiro Rey de Novela Curta, con Play-Back (1997), Frei Martín Sarmiento, con Un bosque cheo de faias (2004), O ceo dos afogados (2007), o Premio de Novela Manuel García Barros (Concello da Estrada), por As palabras da néboa (2007) ou o Premio Blanco Amor de novela larga con Spam (2006), “O Facho” de poesía pola obra Matar a Walt Whitman moitas veces (2002), o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá (2005), co relato Venres Desesperado (look casual friday) ou Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo traballo Ningún fascista morreu inxustamente. Tamén acadou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra O corazón da Branca de Neve. O seu conto infantil Chamádeme Simbad foi recoñecido polos lectores e lectoras da web Fervenzas Literarias como o mellor libro infantil de 2009 e entrou na Lista de Honra do IBBY para 2012.

A finais do ano 2010 foi nomeado presidente de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).

Imparte obradoiros literarios para todas as edades.

É ademáis autor do blogue “A canción do náufrago”, no que escribe a cotío dende novembro de 2006 e no que fai crítica política e social, e publica crónicas culturais.

Ten publicadas 21 obras, ademáis de participar en numerosas obras colectivas. Citamos aquí só algunas delas, pero podedes ver una listaxe ampla e completa no seu perfil da web da AELG:   os libros de relatos A outra banda da fiestra (1989), A canción do náufrago  (2001), Río Leteo (2004), as novelas  Amor de Cinema (1994), Play-back (1997), Memorial do inforturnio (2003), Xeración perdida (2011,  Spam(2006), As palabras da néboa, In vino veritas (2011), O corazón de Branca de Neve, Tes ata as 10; poesía como As catro estacións (2007); narrativa erótica, Xeografías. (2001). Tamén publicou obras de literatura infantil e xuvenil: Un bosque cheo de faias. (2004), O ceo dos afogados (2007), Chamádeme Simbad (2009) ou O segredo de Marco Polo (2010).

Se buscades na rede a Francisco Castro atoparedes unha morea de información, entrevistas, videos, post publicados en diferentes blogues…O que aquí deixamos é só unha selección de todo isto:

Entrevistas

Na revista Palavra comum 22/10/2015

Na Voz de Galicia 4/11/2014 arredor da novela Tes ata as 10

En Vigopolis

No IES Manuel García Barros 18/07/2013

Na Biblioteca Virtual galega podedes ler en liña algún dos seus textos. E na nosa Biblioteca tedes moitas das súas obras.

Hai unha información moi completa na web da AELG, cunha autobiografía, a súa obra, críticas, reseñas, entrevistas, videoteca… E aqui deixamos o enlace ao seu perfil en Galaxia.

 

tes ata as 10Polo que se refire á obra que estamos lendo, “Tes ata as 10”, pouco desvelaremos, é unha novela de intriga e policíaca, pero tamén é unha novela de amor ou de amores, asi como dunha procura cara o interior do seu protagonista, que acontece durante os últimos anos do franquismo. Podedes ler a reseña que fai Ramón Nicolás no seu Caderno da crítica, ou a entrevista que lle fixeron a Francisco Castro en Sermos Galiza e a que lle fixo Pilar G. Rego no programa ZigZag, na que nos devela un pouquiño máis.

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Francisco Castro, novela coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s