Pensa nao, de Anxo Angueira

imaxe tomada do blogue de XeraisTemos xa nova lectura, a novela Pensa nao, de Anxo Angueira. E teremos un encontro co seu autor o día 7 de maio ás 17 horas, coma sempre, no noso Recuncho de lectura.

Anxo Angueira (Mansede, San Xián de Laíño, Dodro, 1961), é escritor e profesor na universidade de Vigo, na Facultade de Filoloxía e tradución. Dende 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro.  A súa actividade investigadora céntrase no Rexurdimento, e tamén na figura e obra de Méndez Ferrín, sendo a súa tese Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego (2009). Ten publicados numerosos artigos e ensaios literarios.

Participou na fundación e na elaboración do manifesto das Redes escarlata (2001), colectivo soberanista de intervención social e política cunha visión crítica sobre o panorama cultural actual, asolagado por as políticas neoliberais. Colaborou na revista A Trabe de Ouro e en O Xornal, publicación da CUT.  Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto ao pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego. Foi responsable da coordinación do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que se celebra en Dodro.

Grande poeta e narrador. Como poeta ten publicados Val de Ramirás (1989),  galardoado cun Accésit Premio Esquío 1988, O valo de Manselle (1996),  Accésit do premio de poesía Camiño de Santiago, Libro da Vertixe, Premio Xosé María Díaz Castro en 1997 e Fóra do sagrado (2007). Novela: Bágoas de facer illas (1997), Premio Dublín de Narrativa; Pensa nao (1999), Premio Xerais de Novela, A morte de A. (2003) e Iria  (2012).  En ensaio publicou De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras (1995), Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (2003), A espiral no espello (2009) e Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento (2013).

Ademáis ten realizadas edicións críticas e particpado en numerosas obras colectivas.

Pensa nao acadou o premio Xerais de novela de 1999. A novela xira entorno á vida dos habitantes de Sernanselle, aldea ficticia de Dodro, durante a República.

Tedes a obra Pensa nao na Biblioteca da UDC, nestes dias mercaremos máis exemplares. Tamén hai outras obras súas que vos recomendamos ler, e que están enlazadas ao catálogo dende a relqación que puxemos arriba. Na BVG (Biblioteca Virtual Galega) podedes ler algúns dos seus texto en formato electrónico.

Podedes ver aquí unha bibliografía con obras sobre a súa obra e tamén textos propios do autor, estudos literarios publicados en varias revistas e obras monográficas.

Tamén podedes ver aqui un video cun roteiro literario realizado a rredor da obra Pensa nao, e unha entrevista realizada a Anxo Angueira no programa Eirados, da TVG.

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Algunhas novas e entrevistas na prensa sobre Pensa nao:

Praza pública (27-7-2002)

La Voz de Galicia (21-07-202)

El País (28-6-2012)

(a imaxe do post é do blogue de Xerais)

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Anxo Angueira, novela coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s