Nova lectura: Dende o conflito, de María Reimóndez

Comezamos nova lectura, Dende o conflito, de María Reimóndez, novela que acadou o Premio xerais en 2014.

Maria Reimondez AELGMaría Reimóndez, naceu en Lugo en 1975, licenciada en traducion e interpretacion pola Universidade de Vigo,  é  traductora, intérprete, escritora e activista social. Escribe novela, poesía, literatura infantil, ensaio e artigos de opinión. Xa de nena escribía e de levou varios premios, coma o Rúa Nova ou o Minerva. A primeira obra publicada foi o poemario Moda galega (Positivas, 2002),  una crítica feroz á sociedade consumista e á utilización do corpo da muller como obxecto.  Seguiríalle a novela Caderno de bitácora (Positivas, 2004), premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo, no que un grupo de mulleres viaxan ao espazo. Ao ano seguinte outros galardóns,  o Premio Merlín de Literatura Infantil con Usha (Xerais, 2006) e o Xerais con O club da calceta (Xerais, 2006), de novo, un grupo de mulleres, nesta ocasión d un clube de calceta, todas elas vítimas da sociedade machista. Esta última obra foi adaptada ao teatro, por Teatro do Morcego e ao cine por Ficción Producciones. Seguirían outras obras de literatura infantil sobre as comarcas galegas en Editorial Everest (O can trampulleiro, Colegas de futuro, Misterio no Deza…), Lía e as zapatillas de deporte (Xerais, 2008) , O Monstro das palabras (Xerais, 2009)  e Volvo! O regreso de Usha (Xerais, 2014). E literatura para adultas/os Pirata (Xerais, 2009),  novela de novo de protagonista femenina, unha muller, corsaria, do século XVIII, durante a guerra de Flandes,  ou En vías de extinción (Xerais, 2012), ambas traducidas ao italiano e ao castelán.respectivamente.

Voltará á poesía en 2013, con tres poemarios,  Presente continuo (Xerais, 2013), Moda Galega Reloaded (Positivas, 2013) e kleinigkeiten/cousiñas (Fabulatorio, 2013). E en colaboura con Olga Castro o libro de ensaio Feminismos, percorrido sobre os feminismos no mundo e tamén en Galicia.. En 2014 A alternativa está aquí (Xerais, 2014 e Dende o conflito, XXXI Premio Xerais de Novela.

Tamén se achega á novela por entregas, acadando  o XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz con A dúbida. Como traductora ten unha chea de obras, sobre todo de literatura infantil.

Moitas das súas obras teñen unha web paralela na que a historia contionúa, é ese o caso do Club da calceta  ou En vías de extinción.

Traballa en cooperación dende o ano 1994, e despois de varias viaxes ña India funda a organización non gubernamental de Cooperación ao Desenvolvemento Implicadas no desenvolvemento que ten proxectos en India e Etiopía. Tamén fundadora e secretaria da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación.

dende o conflito

Dende o conflito

Premio Xerais de Novela 2014
Edicións Xerais de Galicia.
2014 | Narrativa

Unha muller protagonista,  Saínza Combarro, xornalista galega que cobre os conflictos bélicos para a BBC e un dilema,  Que posición tomar ante os conflictos?:  simplemente espectadora que redacta o que ven os seus ollos, ou ben tomar unha posición ética?.

María Reimóndez nos ofrece con esta novela unha serie de contidos extra,  nos que camiñar entre a liña que separa a relaidade da ficción, achegándonos aos espazos dos conflitos, á vida de mulleres  activistas e xornalistas de guerra da historia, os conflitos polos que transcorre a obra e a prensa que nela aparecen.

Noticias na prensa sobre a novela.

Unha bibliografía

Aleixandre, M., Alfaya Bernárdez, Á., Alonso, F., Aneiros Díaz, R., Fernández Paz, A., Reimóndez Meilán, M., et al. (2007). O son das buguinas (1st ed.) Edicións Xerais.

O coitelo en novembro de marilar aleixandre.(2010). Festa Da Palabra Silenciada, (26), 136-137.

Pirata de maría reimóndez.(2010). Festa Da Palabra Silenciada, (26), 138-139.

Reimóndez Meilán, M. (1999). A traducción das literaturas post coloniais en inglés: Unha porta á diversidade cultural para o galego. Anovar-anosar, estudios de traducción e interpretación (1st ed., pp. 145-147) Universidade de Vigo, Servicio de Publicaciones.

Reimóndez Meilán, M. (2000). Traducción, literatura poscolonial e feminismo: Tres espacios para a diferencia. Identidades multiculturais, revisión dos discursos teóricos (1st ed., pp. 53-60) Universidade de Vigo, Servicio de Publicaciones.

Reimóndez Meilán, M. (2001). La traducción de “hear me sanjaya”, o de cómo el feminismo y el postcolonialismo ayudaron a kunti a hablar a las gallegas. Ultimas corrientes teóricas en los estudios de traducción y sus aplicaciones (1st ed., pp. 642-652) Universidad de Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca.

Reimóndez Meilán, M. (2007). La “otra” historia de la traducción: Revisión de conceptos desde el marco feminista y postcolonial. Estudios de traducción y recepción (1st ed., pp. 287-304) Universidad de León, Servicio de Publicaciones.

Reimóndez Meilán, M. (2007). Xogos eróticos alén das fronteiras. Grial: Revista Galega De Cultura, (176), 44-49.

Reimóndez Meilán, M. (2008). Dende as bambolinas á representación: A tradución dos teatriños. Viceversa: Revista Galega De Traducción, (14), 91-103.

Reimóndez Meilán, M. (2008). O dobre silencio das palabras. Festa Da Palabra Silenciada, (24), 66-72.

Reimóndez Meilán, M. (2009). A alternativa está aquí. Festa Da Palabra Silenciada, (25), 123-132.

Reimóndez Meilán, M. (2009). The curious incident of feminist translation in galicia: Courtcases, lies and gender-n@tions. Galicia21: Journal of Contemporary Galician Studies, (1), 68-89.

Reimóndez Meilán, M. (2010). Extranjera en su patria. el destierro de las escritoras gallegas. Violencias (in)visibles: Intervenciones feministas frente a la violencia patriarcal (1st ed., pp. 69-90) Icaria.

Reimóndez Meilán, M. (2012). As herdeiras de clara zetkin. Festa Da Palabra Silenciada, (28), 35-38.

Reimóndez Meilán, M., & Mosquera Carregal, X. M. (2013). Faros na escuridade. ideoloxía e tradución: Os enfoques feministas e poscoloniais. Lingua e tradución: IX xornadas sobre lingua e usos : [A coruña, novembro 2012] (1st ed., pp. 163-182) Universidade da Coruña, Servicio de Publicaciones.

outras fontes:

Wikipedia

Blogue Xerais

Web da autora 

Entrevista en Praza Pública

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s