Encontro con Camilo Franco.

IMG_20141203_183248Onte tivo lugar o encontro literario con Camilo Franco. Falamos sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño, pero tamén do teatro galego actual, dos cambios que se produciron dende aquel 12 de xaneiro de 1993 en que se estreaba Saxo tenor na Coruña, ante un público dunha “clase media” que, naquel momento, estaba pouco afeito a obras de grande crítica moral. Así, Camilo contounos como era a situación das compañías teatrais dos anos 90, a situación na que se atopanba RVB, o que supuso a estrea de Saxo tenor, a posta en escea, o grande número de actores e actrices do reparto, do elenco do CDG e as obras que lle sucederon. Tamén moitos dos personaxes da obra estiveron alí con nós, o Tío Sam, Sabrina, Chincholina, Miro eos seus pais, Marlon Brando…

IMG_20141203_171926 IMG_20141203_171941Logo falamos do teatro actual, dos problemas aos que ten que facer fronte, moitos comúns á cultura galega, en xeral. De Chévere, Sarabela, El Elfante elegante, Matarile, Talía… E seguiriamos falando toda a tarde.

Moitas grazas, Camilo, foi un verdadeiro pracer.

Na parede do fondo, a exposición, que continuará ata xaneiro, de Carlos Botana.

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Camilo Franco, Roberto Vidal Bolaño, teatro coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s