Encontro literario con Camilo Franco

cartace Camilo FrancopO día 3 de decembro ás 17 horas teremos un encontro literario con Camilo Franco, con quen falaremos sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño, especialmente, Saxo tenor. O encontro terá lugar coma ben sendo habitual, no Recuncho de lectura da Biblioteca.

Aquí tedes unha entrevista no programa ZizZag Diario do 10 de outubro deste ano http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/zigzag-diario-entrevista-a-camilo-franco-director-de-escola-do-espectador.

Camilo Franco (Ourense, 1963) é escritor, crítico teatral e xornalista. Ten colaborado en numerosos medios de comunicación, como en La Voz de Galicia, na que foi correspondente cultural ata 2013, facendo crítica nas artes plásticas e no teatro. Colabora ademáis na Revista galega de teatro e no programa da Radio galega, Diario cultural, dirixido por Ana Romaní.

Polo que se refire á súa narrativa, Camilo traballa moito a narrativa breve, e os formatos experimentais, sendo pioneiro na publicación de relatos en formato electrónico, xa en 1999 con Por conto alleo, en colaboración co xornal Vieiros, proponía un diálogo co lector a través da rede, que fructificaba cada día nun relato no xornal. Seguiría nesta liña con Necesariamente X. A razón máis quente, en 2001, e en 2006, utilizando a rede social Facebook, Balada triste de Moqueta.

O formato electrónico convive co formato tradicional en papel, tendo publicadas ademáis as seguintes obras:

Narrativa: A lúa no cénit e outros textos (1988), En malos pasos (1995),  Por conto alleo (2003), Palabras contadas (2006), Balada triste de moqueta (2011).

Ensaio: Ribadavia (1993), Crítica e autores: artigos e entrevistas publicados en La Voz de Galicia, 2002, La Voz de Galicia, Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño (2012).

Obras colectivas: Narradores de cine (1996), Unha liña no ceo (1996), Alguén agarda que volva alí (1998), Alma de beiramar (2003), Narradio: 56 historias no ar (2003), Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009), Níxer (2010).

Con Palabras contadas realizouse unha exposición na Fundación Luís Seoane, organizada dentro do Proxecto-Edición (2006).

Video da AELG no que camilo fala sobre Roberto Vidal Bolaño.

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Roberto Vidal Bolaño coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s