Saxo tenor, de Roberto Vidal Bolaño

1993_Saxo_cartelContinuamos a actividade do Clube de lectura cunha obra de teatro, Saxo tenor, de Roberto Vidal Bolaño. O encontro literario será con Camilo Franco, escritor e crítico teatral.

Roberto Vidal Bolaño  (Compostela, 1950-2002) é unha das figuras principais do teatro galego contemporáneo. Escritor, guionista e actor de teatro, e sempre cun forte compromiso co noso país e coa nosa lingua.

Pertenceu á compañía teatral Obradoiro,  ao grupo Abrente, en 1975 crea o grupo Antroido, que sería a primeira compañía teatral profesional galega. Máis tarde fundará o  Teatro do Estaribel e a compañía teatral Teatro do Aquí, da que sería director ata a súa morte. Foi ademáis director do Centro Dramático Galego. Gran apaixoado do cine, tentou entrar na Escuela Oficial de Cine de Madrid, pero esta pechou en 1970.  Realizou guións e dobraxe para televisión, e foi actor en películas e en series de TV.

Xa con 15 anos estreou unha peza corta, de pouco máis de 2 minutos de duración, O Xogadeiro, para nenos e nenas

Acadou os premios Abrente, O Facho, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Eixo Atlántico, María Casares e Chano Piñeiro de teatro, tamén Max de teatro español coa obra Criaturas. Membro da Real Academia Galega a título póstumo. Adicóuselle o día das letras galegas de 2013.

Ten unha gran producción dramática, destacando as obras Días sen gloria, Saxo Tenor e a triloxía Anxeliños, Criaturas e Animaliños, Mar Revolto, Rosalía e Laudamuco, señor de ningures, Doentes, Os Papalagui… Escribíu o ensaio Perspectivas do teatro galego actual.

Como actor, participou nas películas: Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, A noiva de medianoite de Arturo Simón, Amor serrano de Luis Listre e A lingua das volvoretas de José Luis Cuerda. Tamén dirixíu a productora Olympus Comunicación e foi guionista da serie de televisión Un mundo de historias.

Máis información na Wikipedia Galega. E ademáis deixamos aquí unha bibliografía sobre el e a súa obra. Programa especial da TVG, Eirado, dedicado a Roberto Vidal Bolaño, con Laura Ponte.

imaxesaxotenorSaxo tenor dí Camilo Franco que “é un modelo de como sucen as cousas e como son contadas”. Publicouse por primeira vez en 1993, en ediciójs xerais, na colección libros do Centro Dramático Galego. Tamén nese mesmo ano foi estreado baixo a dirección do autor, coa compañía Teatro do Aquí e música de John Coltrane e arranxos de Bernardo Martínez.

 

Na Biblioteca temos algúns exemplares da obra, e tamén das obras que están na bibliografía.

Imaxes tomadas da web da Fundación Roberto Vidal Bolaño

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Camilo Franco, Roberto Vidal Bolaño, teatro coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s