Nova lectura: A distancia do tambor, de Eva Veiga

Aínda co pracer da lembranza de Cortázar e Chisco Fernández Naval, e co desexo de ler o novo libro que axiña chegará sobre o autor arxentino da man e o corazón de Chisco, continuamos as nosas lecturas. Leremos e releremos os contos de Julio, as novelas, ensaios e tamén a súa poesía, non menos fermosa, como xa puidemos adiviñar na Prosa del Observatorio. E con un dos seus poemas despedímonos de Julio:

El futuro

Y se muy bien que no estarás.
No estarás en la calle
en el murmullo que brota de la noche
de los postes de alumbrado,
ni en el gesto de elegir el menú,
ni en la sonrisa que alivia los completos en los subtes
ni en los libros prestados,
ni en el hasta mañana.
No estarás en mis sueños,
en el destino original de mis palabras,
ni en una cifra telefónica estarás,
o en el color de un par de guantes
o una blusa.
Me enojaré
amor mío
sin que sea por ti,
y compraré bombones
pero no para ti,
me pararé en la esquina
a la que no vendrás
y diré las cosas que sé decir
y comeré las cosas que sé comer
y soñaré los sueños que se sueñan.
Y se muy bien que no estarás
ni aquí dentro de la cárcel donde te retengo,
ni allí afuera
en ese río de calles y de puentes.
No estarás para nada,
no serás mi recuerdo
y cuando piense en ti
pensaré un pensamiento
que oscuramente trata de acordarse de ti.
(da páxina A media voz)

Eva_Veiga_(AELG)-2Este poema nos leva á nosa nova lectura, a obra A distancia do tambor, de Eva Veiga. É o último poemario publicado pola nosa grande e querida poeta e que acadou o XIII premio Fiz Vergara Vilariño. Os poemas que contén son marabillosos, como o é toda a súa obra. Enlaza co poemario anterior, A frecha azul do teixo, que escribira na memoria da súa nai, e que agora segue presente, en A distancia do tambor, xunto a outras ausencias e a outra mulleres. De novo detémonos nas palabras de Chisco Fernández Naval, que no seu blogue fala da obra da súa amiga, achegándonos ao seu interior e deixando dous poemas como mostra da fermosura desta obra.
(imaxe tomada de wikimedia)

Na páxina da Biblioteca Virtual Galega podedes ver unha autobiografía de Eva Veiga, na que están moitas das ondas polas que descorrerán os seus versos, a súa terra, Ombre, nas fragas do Eume, a auga e o río, a luz, a nai, as raíces, a ausencia, a dor, a fenda…

A-distancia-do-TamborSerá ela mesma, Eva, quen nos acompañe nunha data aínda por determinar de finais de setembro ou principios de outbro, xa no outono, para falar da poesía e da súa obra. E, sabemos xa, que será unha tarde para lembrar.

(imaxe tomada da web Vivir na Coruña)

Eva Veiga é poeta, xornalista, presentadora de tv, actriz de teatro e de cine e difusora cultural. En 2004 forma, xunto aos músicos Bernardo Martínez (percusión e clarinete) e Fito Ares (frauta traveseira e saxo) o grupo Ouriol, no que a poesía e a música se funden nunha fonda aperta. Eva sempre está aberta ao diálogo entre as artes, realizando tamén proxectos con artistas plásticos como Alfonso Costa ou Masafumi Yamamoto.

Deixamos aquí unha entrevista que recentemente lle fixeron os autores da web Vivir na Coruña, na que fala da súa poesía.

Obras publicadas por Eva Veiga (listaxe tomada da Galipedia) :

Poesía

Ensaio

Obras colectivas

E aquí deixamos un interesante artigo de Teresa Seara sobre Eva Veiga e a súa obra.

Seara Domínguez, T. (2010). Os límites da sede: (revelación da luz na poética de eva veiga). Revista De Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca, (15), 149-168.

 

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Eva Veiga, poesía, Uncategorized coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s