Cortazar e o jazz

cartacejuan marchCortázar era un grande amante da música, especialmente do jazz, que está continuamente presente na súa obra, nos contos, en Rayuela, nas cartas que escribe aos amigos, as entrevistas…, de feito gardaba unha grande colección de libros na súa biblioteca sobre jazz, que hoxe están na Fundación Juan March (Madrid). Tamén lle apaisoaba a música clásica, de feito tomou clases de piano dende os 8 ata os 13 anos, en que dí que pechou o piano e que non o volver abrir. Anos máis tarde intentaríao coa trompeta e o saxo. Escoitaba a Thelonius Monk, Charles Parker, John Coltrane, Louis Amstrong, Miles Davis, Billie Holiday, Earl Hines, Sidney Bechet… Coñeceunos a través da radio, alá polos anos 20, nos qeu mercar discos, en Buenos Aires, era difícil e costoso.  Hai uns meses, na Fundación Juan March de Madrid, realizouse unha exposición sobre Cortázar e o jazz, paralela a un ciclo de concertos  El jazz de Julio Cortázar: En los 50 años de «Rayuela» Podedes ver aquí o catálogo, moi interesante, no qeu se recolle a demáis anacos de entrevistas ou das súas obras.

elperseguidorimaxeXa en París, alá polos anos 50, enteraríase da morte de Charlie Parker, lendo a revista francesa azz Hot. A partir de ahí, interesouse pola súa biografía, na que se basaría despois para escribir un dos seus mellores contos, que aínda que non entra nas lecturas escollidas para ler é moi recomendable e marabilloso, El perseguidor.

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Julio Cortázar coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s