Comezamos a lectura

Adios María, de Xohana Torres

Adios María, de Xohana Torres

Comeza a dar os primeiros pasos o noso Clube de lectura e encontros literarios, Nébeda. E comezamos cunha primeira lectura, “Adiós María“, de XOHANA TORRES, considerada por Teresa Bermúdez Montes como a primeira novela galega de protagonista feminina escrita por unha muller, elexida paro o mes de marzo, conmemorativo do día da muller traballadora.
Enlace ao catálogo.
O noso primeiro encontro literario será con Dores Tembrás, o día 28 de abril ás 18 horas. Con ela falaremos sobre a obra de Xohana, e a súa novela, “Adios María”.
Tamén faremos unha versión do clásico cineclube, proxectando algunha película con coloquio, e contaremos para iso coa colaboración de Juan José Bueno Aguilar, profesor nesta facultade e gran amante do cine, e autor do blogue Sidavia9.

)
Aurora Marco le a Xohana Torres

xohanaPoeta, dramaturga e narradora, Xohana é unha das principais voces da literatura galega contemporánea. Pertence á Xeración das Festas Minervais. Nace en Compostela, mais Ferrol (Lorref) e Vigo serán as cidades de acollida e nas que cree a súa obra literaria.

Viaxou por Europa, África e Asia. Dende moi nova desenvolve un intenso labor cultural, participando en recitais poéticos, colaborando en revistas (Aturuxo, Vieiros, Vida Galega ou Grial) e dirixindo programas radiofónicos (Teresa, en Radio Ferrol e Raiz e tempo, na Voz de Vigo, primeiro programa cultural en galego despois da guerra civil). Manifesta xa un forte compromiso co seu país e reivindica a presenza da muller na literatura.
Acada numerosos premios, o primeiro en 1955, co poema A nosa primavera,Toxos.
En poesía inaugura a colección Illa Nova de Galaxia, coa publicación do poemario Do sulco (1957). Seguiranlle Estacións ao mar (1980), Tempo de ría (1992), Ferrol, corazón de navío (2001) e Elexías a Lola (2016). Deixou ademais 12 poemas inéditos preparados para a súa publicación, co título Últimas tardes con Xohana.
En teatro está relacionada co Grupo Teatro Estudio. Publica A outra banda do lberr(1965,  premio Castelao), Un hotel de primeira sobre o río (1968). A súa novela Adiós, María (1970, premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires), é considerada a primeira novela galega de protagonista feminina escrita por unha muller.

Publicou tamén literatura infantil (Polo mar van as sardiñas, 1967; Pericles e a balea, 1984), ensaio (San Andrés de Lonxe,) e numerosas traducións de cantos e contos.
Ingresou na Real Academia Galega en 2001, co discurso “Eu tamén navegar”.
O mar, o tempo, a terra (nación e muller), a emigración, a reivindicación feminista e a crítica á sociedade da posguerra, son temas recurrentes na súa obra. Moi comprometida co nacionalismo e a lingua nos anos do franquismo.

Fontes:

Especial Xohana Torres. (1987). Festa da palavra silenciada, 4. Recuperado de http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ig_pub2001_Festa-da-Palabra_04.pdf
Novo, O. (1996). A voz interna, conmovida, última: Análise temática da obra de Xohana Torres.  Unión libre : cadernos de vida e culturas, 1, p. 131-150.
Rodríguez Rodríguez, M. (2013). Feminismo e innovación en la narrativa gallega de autoría femenina : Xohana Torres, María Xosé Queizán, Carmen Blanco y Teresa Moure. Lewiston, New York : Edwin Mellen Press.

Deixámosvos aquí unha bibliografía sobre Xohana Torres e a súa obra.

Para ler en liña:
Domínguez Pérez, M. (2008). Polo mar van as sardiñas “y sus traducciones”. Madrygal: Revista De Estudios Gallegos, (11), 25-33.
Folgueiras López, M. (2007). A presencia feminina na obra dramática de xohana torres. Actas VII congreso internacional de estudos galegos: Mulleres en galicia : Galicia e os outros pobas da península : Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003 (1st ed., pp. 109-116) Ediciós do Castro : Asociación Internacional de Estudios Galegos : Universitat de Barcelona, Facultat de Filologia. Filologies Gallega i Portuguesa.
González Fernández, H. (2002). “As mulleres sostemos a metade do ceo“: Xohana torres ingresa na real academia galega. Lectora: Revista De Dones i Textualitat, (8), 141-146.
Lourido Hermida, Isaac (2005), “Xohana Torres. Adiós María“, Lletra de Dona in Centre Dona i Literatura, Barcelona, Centre Dona i Literatura / Universitat de Barcelona.
Rodríguez Rodríguez, Marisol (2013). Feminismo e innovación en la narrativa gallega de autoria femenina : Xohana Torres, Marie Xosé Queizán, Carmen Blanco y Teresa Moure. Edwin Mellen Press, Lewiston, NY
Torres, X. (2003). As navegacións oceánicas de xosé antón avilés vinagre. Boletín Da Real Academia Galega, (364), 219-223

Advertisements

About nebedaclube

Clube de lectura e encontros literarios da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Estas entrada foi publicada en Dores Tembrás, novela, Xohana Torres coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to Comezamos a lectura

  1. Estou a ler o libro “Adios María” e gústame moito. É curioso, a de paralelismos que vexo en moitas cousas, cando pasaron máis de 40 anos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s